Entrar

 

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Calendario probas extraordinarias de 1º Bacharelato

12/06/2023 14:43
Europe/Madrid

Achegamos o calendario coas probas extraordinarias de 1º Bacharelato os días 19, 20 e 21. Dado que se trata dunha convocatoria oficial nas datas sinaladas pola Consellaría a asistencia é prescritiva e obrigatoria para a superación das materias, non podendo xustificar a ausencia.

ADMISIÓN PARA ENSINANZAS DE PERSOAS ADULTAS (ESA)

Está aberto o prazo de presentación de solicitudes de admisión na secretaría do centro para cursar ensinanzas de adultos ESA de cara ao vindeiro curso escolar 2023/2024 no IES de Rodeira.

Poden pasar pola secretaría do centro cunha fotocopia do DNI.

Exames convocatoria extraordinaria 2º Bacharelato

Achegamos o calendario coas probas extraordinarias de 2º Bacharelato os días 19, 20 e 21. Dado que se trata dunha convocatoria oficial nas datas sinaladas pola Consellaría a asistencia é prescritiva e obrigatoria para a superación das materias, non podendo xustificar a ausencia.

Proxecto de Empresa Simulada do CFGS de Administración e finanzas

O pasado martes 30 de maio tivo lugar a presentación de CIR, SLS, un proxecto de empresa simulada no que as alumnas do CFGS de Administración e finanzas do noso centro estiveron traballando ao longo de todo este curso 22-23.

Empresa Simulada 1

Abriuse o prazo de presentación de solicitudes para participar no Fondo de libros e Axudas de material escolar

19/05/2023 08:30
Europe/Madrid

O 19 de maio de 2023 foi publicada no Diario Oficial de Galicia a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos

Prezos título bacharelato e ABAU

PREZOS TÍTULO BACHARELATO E ABAU

OLLO!!!! Non pagar antes do xoves, 18 de maio

4º ESO Conferencia "A presenza do galego nas redes", Salón de Plenos

31/05/2023 10:30
Europe/Madrid

O alumnado de 4º de secundaria asistirá o mércores, 31 de maio, a unha conferencia a cargo de Orgullo Galego sobre a presenza do galego nas redes, creadores de contidos en galego,...

Será no salón de plenos do Concello de 11:00 a 12:00 h.

Convocatoria de bolsas do MEFP para o curso 2023/24

22/03/2023 14:25
Europe/Madrid

Alumnado admitido curso 23-24 (novidades)

Nos taboleiros do centro foron publicadas as relacións de alumnado admitido ao IES de Rodeira para o curso 2023-24 para os diferentes cursos e niveis educativos.

Día Mundial da Poesía

18/03/2023 11:00
Europe/Madrid

Co gallo do Día Mundial da Poesía o sábado 18 de marzo, entre as 11 da mañá e as 14 horas, estiveron presentes na libraría Wells de Cangas a profesora de Lingua Castelá Diana Almeida e a prestixiosa tradutora Béatrice Pepin para rematar a campaña de "animación á leitura e escritura poética e a súa difusión"  que levou a cabo Diana.

Distribuir contido