Entrar

 

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

2º Bacharelato. Matrícula en materias condicionadas á superación das de 1º

O alumnado que se matricula en materias de 2º de Bacharelato condicionadas á superación dunha materia de 1º, sen ter cursado a de 1º no ano 22/23, poderá realizar unha acreditación para a súa superación, antes do inicio das clases lectivas. (Isto non é para alumnado que teña a materia como pendente do curso 22/23 para o curso 23/24).

Publicación da listaxe definitiva de Fondolibros.

Publicouse a lista definitiva de Fondolibros, poden pasar polo centro para consultala. 

Os libros e os cheques de material serán entregados en setembro.

Publicación da listaxe provisional de Fondolibros.

Poden pasar polo centro para consultar a listaxe provisional de Fondolibros do alumnado de secundaria, nela consta o número de libros asignado.

Unha vez resoltas as posibles reclamacións desta listaxe publicarase a definitiva coa asignación dos libros correspondentes do alumnado.

Adxudicación provisional das prazas do transporte escolar

Realizouse a adxudicación provisional de prazas do transporte escolar ao alumnado de secundaria.

 As solicitudes tramitadas para as liñas U1 (Avda. de Lugo - Castrillón) e U3 (San Blas - Dona María) foron admitidas todas por haber prazas dispoñibles nos autobuses.

Abre os ollos 2023

Xa temos a nosa revista Abre os Ollos 2023 en versión dixital. Nela poderedes ver un resumo do realizado polo noso equipo de dinamización en lingua galega ao longo deste curso. Desfrutádea!

https://www.calameo.com/accounts/7418974

Libros de texto curso 23/24

No documento adxunto pódese consultar a relación de libros para o curso 2023/24.

 

Entrega de notas

A entrega de notas farase os seguintes días e horas:

ESO, 1º Bacharelato e Ciclos: martes 27 de xuño ás 11h

2º Bacharelato: luns 26 de xuño ás 9h

 

Matrícula ESO e Bacharelato 2023-2024

No documento que se achega poden acceder ao calendario de matrícula da ESO e Bacharelato para o ano académico 2023-2024. Lembren que o alumnado debe vir ese día para facer a foto dixital que se incluirá no carnet.

ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS PARA O CURSO 2023/24

Do 23 de xuño ás 9:00 ao 5 de xullo ás 13:00 estará aberto o proceso de admisión a ciclos de formación profesional.

Podedes consultar a información sobre o proceso de admisión, o calendario cos prazos e a instancia de solicitude no seguinte enlace:

CURSO BÁSICO DE COMPETENCIAS DIXITAIS

Ábrese a inscrición para anotarse nos cursos de capacitación dixital que se realizarán no IES de Rodeira, dentor da Rede de Centros de Capacitación Dixital de Galicia

DURACIÓN: 30 horas

CONTIDOS: Nivel básico

Distribuir contido