Entrar

 

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Certame de poesía improvisada

O Concello de Cangas está organizando un certame de poesía improvisada que se celebrará o próximo 3 de maio no Auditorio Municipal de Cangas.

O pasado 20 de abril, no IES de Rodeira, celebrouse unha sesión teórica, na que os regueifeiro Luís o Caruncho e Pinto de Herbón explicaron o que son as regueifas e a estrutura e melodías das mesmas.

Luís O Caruncho e Pinto de Herbón

Charla de física aplicada

O 22 de marzo o alumnado de bacharelato asistíu a unha charla do profesor de física aplicada da escola de enxeñería minas: José Benito Vázquez Dorrío. "Ondas – frecuencia, lonxitude de onda, cores"

  Benito Vázquez durante a charla 

Saída do alumnado de administrativo a Santiago

O alumnado do departamento de administrativo do IES de Rodeira tivo unha xornada cargada de actividades en Santiago.

Visita a Santiago

Parlamento Xove 2017

Un ano máis (e xa van cinco) o IES de Rodeira volveu participar na actividade do Parlamento Xove cun grupo de alumnos de ESO e dous de Bacharelato. A 2ª e a 5ª posición acadadas  na fase preliminar cos equipos de Bacharelato, permítenos loitar pola final, que será o vindeiro 20 e 21 de abril en Santiago: no hotel Peregrino (cuartos de final) e Parlamento de Galicia. Os temas da fase clasificatoria foron sobre se se debería cambiar a idade legal para poder mercar  alcol, na categoría da ESO e sobre se as novatadas constitúen un suposto de acoso, no bacharelato. O tema da final é para todos o mesmo: Deberíamos restrinxir o acceso a internet para aumentar eficazmente a seguridade dos/as adolescentes?

Parlamento Xove 2017 

Entroido 2017

Este ano, como non podía ser doutra maneira volvemos celebra o entroido no IES de Rodeira cunha gran participación entre o alumnado e o profesorado. Bótalle unha ollada ao vídeo coas fotos dos disfraces.

"Atlantis. A ciencia do mito" por Emilio Varela

O xornalista e divulgador Emilio Varela deu a coñecer aos estudantes de 2º de Bacharelato do IES de Rodeira o  proxecto titulado "Atlantis. A ciencia do mito", que ben podería chamarse "Unha vida a través dos volcáns", porque a partir destes accidentes naturais diserta sobre o ser humano e a orixe da vida. 

 Atlantis. Emilio Varela  

Charlas sobre ciberviolencia e acoso a muller

A ponente, Arrate Emaldi como ponente do Centro de Información da Muller de Cangas (CIM), deu a coñecer aos estudantes de 1º da ESO do Ies de Rodeira aspectos relacionados coa ciberviolencia, o acoso e a violencia sobre a muller.

                              Charla ciberviolencia

 

Procedemento para a admisión de alumnado en centros públicos para o curso 2017-18

O alumnado que pretenda iniciar estudos no IES de Rodeira, para os efectos de solicitude de admisión, deberá presentar no centro ou a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550B) que se publica como anexo II desta orde. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 1 e 20 de marzo de cada ano.

Club de lectura Vaidelibros adicada a "Vento ferido"

O día 22 de febreiro, dentro da sesión do club de lectura Vaidelibros adicada a Vento ferido, contaremos coa presenza dun representante da Fundación Carlos Casares que nos aportará unha visión máis personalizada do autor desta obra que este ano cumpre 50 anos dende a súa publicación en 1967.

Biblioteca do IES de Rodeira

Actividades complementarias en Xaneiro de 2017

Durante o mes de xaneiro os alumnos do IES de Rodeira recibirán a visita de varios expertos que lles falarán dos seguintes temas:

Distribuir contido