Skip to main content

blogue deadmin

ENTREGA DE NOTAS E REUNIÓN 2º BACHARELATO

 

NOVIDADES: INSTRUCIÓNS 2º BACHARELATO

 

Día 8. Entrega e publicación de notas de xeito telemático ás 12 horas.

 

 Día 10. Reunión no salón de actos ás 10h de todos os alumnos que titulan

en bacharelato cos temas a tratar:

 

  • Título de Bacharelato

  • ABAU (matrícula, aplicación NERTA, reclamacións, ...)

  • Matrícula na Universidade e Ciclos Superiores

 

 Nota: A asistencia ao centro implica respectar as medidas de seguridade

(entrar con máscara, distancia mínima de 2 metros no edificio e no seu

recinto, entrada e saída ordenada no salón de actos).

 

 

Informática de Oficina * _ Que é

Que é a Informática de Oficina?
A informática de oficina permite realizar operacións e tratamento de datos utilizando ferramentas informáticas de uso corrente en entornos de oficina. O propósito xeral é a resolución de problemas propios da actividade a realizar e o uso das ferramentas informáticas especializadas para resolver as cuestións de maior complexidade.

Datos de Identificación:

- Denominación: Informática de Oficina.

- Código: CBIFC02.

- Nivel: formación profesional básica.

- Duración: 2.000 horas.

- Familia profesional: Informática e Comunicacións, e Administración e Xestión.

Informática de Oficina *

Informática de Oficina
Que é?
Requisitos de acceso ao Módulo Profesional
Módulos/Materias e horas do Módulo Profesional
Obxectivos

Enlaces de interese:

- Folleto informativo F.P. Básica - Informática de Oficina.

- Vídeo: FPB Informática de Oficina

Información da Consellaría

Horario de titorías e atención a familias ou gardas legais.

HORARIO DE ATENCIÓN A PAIS Preme aquí

Calendario Escolar 2022/23

Lecturas para o verán

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

Departamento de Física e Química

Propósito do IES da Cañiza

O Noso Propósito Institucional é:
1) Formar ao alumnado de forma integral, atendendo a súa diversidade, inculcando valores sociais e culturais que lles permitan tomar decisións e desenvolverse de xeito autónomo.

2) Conseguir que o alumnado coñeza e comprenda outras culturas, ofrecéndolle distintos puntos de vista sobre a vida e a sociedade e compensar as diferenzas sociais e culturais.

3) Ser un referente na comarca a nivel de formación en todas as ensinanzas autorizadas usando as novas tecnoloxías, colaborando coas institucións e empresas do entorno e tratando de orientar e informar ao alumnado para tomar decisións de futuro a nivel laboral e de continuación en estudos superiores

As nosas instalacións constan dun edificio principal con tres andares nos que están distribuídas as aulas, tres delas destinadas ás clases de informática, un salón de actos e  biblioteca, ademais de servizo de cafetería.

Dispón dun servidor propio que permite contar cunha rede de intranet e internet.

A parte do edificio principal, o centro ten dous  talleres de macánica e unha aula de electromecánica do automóbil equipados con todas as ferramentas e instrumentais de última xeración, para a realización das correspondentes prácticas.

Asi mesmo, os alumnos, poden disfrutar dun  pavillón de deportes no que realizan as actividades de educación física.

A Biblioteca do IES pretende ser un centro de recursos para o alumnado e o profesorado. O seu catálogo pode ser consultado a través de internet e dispón de cinco ordenadores para consultas e busca de información na rede.

 

Concurso de microrrelatos co número PI

 

 

 

Concurso pi

Bases da convocatoria no centro educativo

 

Presentación

CICLO MEDIO :ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS.

 PRIMEIRO CURSO

 Módulo profesional: sistemas de transmisión e freada (STFr)

 Neste módulo veremos contidos tanto prácticos, teóricos e actitudinais para poder diagnosticar e reparar, ademáis de realizar tarefas de mantemento, de todos os elementos do vehículo que interveñen no sistema de transmisión (embrague, caixa de cambios, caixa de transferencia, árbores de transmisión, …) e no sistema de freada (freo de servizo de disco e de tambor, freo de estacionamento, freo de emerxencia, freo automático, sistemas de ABS, …)

 Módulo profesional: Circuítos de fluídos suspensión e dirección (CFSD).

O módulo de Circuítos de fluídos suspensión e dirección pertencente ó ciclo de grao medio de Transporte e mantemento de vehículos e organízase en tres bloques chamados unidades formativas:

  • MP0454_13 Circuítos de fluídos.
  • MP0454_23 Sistemas de suspensión.
  • MP0454_33 Sistemas de dirección e rodas.

Os contidos que se tratan nesta unidades formativas son os seguintes:

  • MP0454_13 Circuítos de fluídos.
    • Leis de hidráulica e pneumática. Estudio das magnitudes e leis fundamentais da hidráulica e pneumática.
    • Elementos de hidráulica e pneumática. Estudio los elementos de hidráulica e pneumática.
    • Circuítos hidráulicos e pneumáticos básicos. Interpretación, deseño e montaxe de circuítos hidráulicos e pneumáticos.
    • Seguridade e xestión ambiental no taller I. Estudio das normas de seguridade e xestión ambiental I.
  • MP0454_23 Sistemas de suspensión.
    • Suspensión convencional. Características, funcionamento, avarías, e mantemento dos sistemas de suspensión convencional.
    • Suspensión con regulación de altura. Características, funcionamento, avarías, e mantemento dos sistemas de suspensión con regulación de altura.
    • Suspensión pilotada electrónicamente. Características, funcionamento, avarías, e mantemento dos sistemas de suspensión pilotados electrónicamente.
    • Seguridade e xestión ambiental no taller II. Estudio das normas de seguridade e xestión ambiental II.
  • MP0454_33 Sistemas de dirección e rodas.
    • A Roda. Características, avarías e reparación das rodas.
    • A Dirección. Características e funcionamento dos sistemas de dirección. Reparación de avarías e mantemento dos sistemas de dirección.
    • A Dirección asistida. Características e funcionamento dos sistemas de dirección asistida. Reparación de avarías e mantemento dos sistemas de dirección asistida.
    • Seguridade e xestión ambiental no taller III. Estudio das normas de seguridade e xestión ambiental III.

 

MÓDULO PROFESIONAL: MOTORES (MOT)

Neste módulo tratase de analizar de maneira teórica a composición, funcionamento, reparación e mantemento dos distintos tipos de motores utilizados en vehículos ,así como o desenrolo de tarefas prácticas e actitudinais relacionadas co módulo ulizando equipos de comprobación como Metroloxía e equipos especiais para esta finalidade.

MODULO PROFESIONAL: TÉCNICAS DE  MECANIZADO NO MANTEMENTO DO VEHÍCULO (TMMV)

Neste módulo impartense coñecementos de materiais metálicos utilizados nos vehículos , así como as tecnicas e ferramentas  axeitadas para mecanizalos, como por exemplo.: Ferramentas manuais, taladros, torno, etc

 MÓDULO PROFESIONAL: SISTEMAS DE CARGA E ARRANQUE

 Este módulo impártese no primeiro curso do ciclo medio de electromecánica de vehículos. Con él preténdese darlle o alumno as primeiras ferramentas para o estudio do sistema eléctrico do coche, explicándolle dende os conceptos básicos de electricidade e introducíndoo específicamente no sistema eléctrico dos automóbiles.

As unidades impartidas neste módulo abarcan:

Unidade

Título

Resumo de contido

1

Conceptos, magnitudes e leis fundamentais da electricidade

Exposición dos conceptos e magnitudes máis importantes da electricidade.

2

Leis fundamentais da electricidade e acoplamento de resistencias

Estudo da relación entre as distintas magnitudes eléctricas.

3

Aparellos de medida

Funcionamento e manexo dos instrumentos de medida e aplicación en circuítos.

4

Circuítos e compoñentes eléctricos básicos. Avarías.

Clasificación dos compoñentes eléctricos, aplicacións e conexionado dos mesmos e avarías. Realización de montaxes eléctricos analóxicos.

5

Electrónica analóxica. Compoñentes. Funcionamento, características, aplicacións e avarías.

Estudo da electrónica analóxica (compoñentes, aplicacións e avarías). Realización de montaxes eléctricos analóxicos.

6

Álxebra de Boole, portas lóxicas, dispositivos dixitais e aplicacións.

Exposición das bases da electrónica dixital. Realización de montaxes eléctricos dixitais.

7

O electromagnetismo: Fenómenos e aplicacións. Máquinas eléctricas.

Estudo dos fenómenos electromagnéticos e as súas aplicacións.

8

Acumuladores para automoción: Baterías

Estudo da batería: Características, distintos montaxes e tipos.

9

Circuíto de arranque do motor.

Análise do circuíto de arranque do vehículo.

10

Circuíto de carga do vehículo.

Estudo do alternador.

 

SEGUNDO CURSO

 Módulo profesional: sistemas de seguridade e confortabilidade  (SSCo)

Neste módulo veremos contidos tanto prácticos, teóricos e actitudinais para poder diagnosticar e reparar, ademáis de realizar tarefas de mantemento, de todos os elementos do vehículo que interveñen nos sistemas de confortabilidade no habitáculo (calefacción, aire acondicionado, climatización,…), sistemas de audiovisuais de comunicación e confort (equipos de son, multimedia, mans libres de telefonía, alarmas antirroubo, …) e sistemas de seguridade pasiva (airbag, pretensores,…)

 Módulo profesional: Circuítos Eléctricos Auxiliares do Vehículo

 No módulo traballaremos cos circuítos eléctricos auxiliares do vehículo (circuítos de iluminación, sinalización e acústicos, información e control, computadores de abordo e cadros de instrumentos e de axuda a condución) vendo os seus compoñentes, localizando avarías, facendo o seu mantemento e novas instalacións. E estudaremos as redes multiplexadas dos vehículos actuais como forma de comunicación entre centraliñas.

  MÓDULO PROFESIONAL: SISTEMAS AUXILIARES DO MOTOR: S.A.M.O.

 Con este módulo pretendese unha formación xeralista sobre os diferentes sistemas de acendido por chispa,sistemas de inxección de gasolina , diésel e turbo.

O número de sesión semanais é de 14.O total se sesión repartidas o longo  do curso é de 293, das cales 147 adicanse a sistemas de motores Otto(gasolina) e 146 sesións o motores Diesel.

No módulo trátanse contidos tanto prácticos como teóricos e tamén se valora a actitude no desenvolvemento da materia.Trátase de poder diagnosticar,reparar e ,se fora preciso substituir os elementos auxiliares nos motores Otto(galolina) ou Diesel.

Destacaremos os principais:sistemas de acendido e alimentación de motores de gasolina e diésel.Control de parámetros,utilización de documentación técnica,etc.Combustibles empregados,bombas de inxección,sistemas common rail,inyectores-bomba.

Tamén se estudian os tipos de compresores e turbocompresores empregados asi coma o control dos sistemas anticontaminación cada vez con maior relevancia ante as normas en vigor en Europa(Euro V,Euro VI).Compre suliñar  a necesidade de coñecer e respetar as Normas de  Seguridade e Hixiene e medidas de autoprotección na aula-taller o traballar con máquinas, vehículos,elevadores,combustibles,etc.

Para levar adiante o ensino-aprendizaxe do módulo destacaremos algúns dos materiais empregados para conquerir as competencias necesarias para a superación do módulo:distintos tipos de vehículos con motorizacións diésel e gasolina,analizador de gases de escape,banco diésel,maquetas diversas equipadas cos principais componentes,equipos de diagnose de avarias  do grupo Bosch e Berton,etc.

 ACCESO O CURRÍCULO DOS MÓDULOS DO CICLO

 http://www.edu.xunta.es/fp/sites/fp/files/fp/Curr%C3%ADculos/LOE/Transporte%20e%20mantemento%20de%20veh%C3%ADculos/cm_electromecanica_vehiculos_automobiles.pdf

 

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA : MANTEMENTO DE VEHÍCULOS

 PRIMEIRO CURSO

 Módulo profesional: Mecanizado e Soldadura

 Este módulo proporciona a formación necesaria para desempeñar as tarefas propias do mecanizado manual e a realización de unións soldadas sinxelas.

Desta maneira, abrangue aspectos tales como:

-          Debuxo e interpretación de planos e esbozos.

-          Conceptos básicos sobre os materiais máis empregados en automoción.

-          Prácticas de metroloxía.

-          Operacións de mecanizado: limado, cortado, taladrado, roscado, avellanado…

-          Operacións de soldadura.

-          Cumprimento das normas de prevención de riscos laborais e xestión de residuos.

 

Módulo profesional: Amovibles

 Este módulo proporciona a formación necesaria para desempeñar o mantemento básico nas áreas de desmontaxe, substitución e montaxe de elementos accesorios, gornecementos e cristais.

Desta maneira, abrangue aspectos tales como:

-          Desmontaxe de pezas e accesorios.

-          Desmontaxe e montaxe de gornecementos.

-          Reparación de cristais.

-          Cumprimento das normas de prevención de riscos laborais e xestión de residuos.

 

Módulo profesional: Preparación de Superficies

 Este módulo proporciona a formación necesaria para desempeñar o mantemento básico nas área de preparación de superficies para o seu posterior pintado.

Desta maneira, abrangue aspectos tales como:

-          Decapaxe, limpeza e desengrasaxamento.

-          Enmascaramento total e parcial.

-          Aplicación de masillas, tipos e modos de emprego.

-          Aplicación de imprimación e aparellos.

-          Cumprimento das normas de prevención de riscos laborais e xestión de residuos.

 

SEGUNDO CURSO

 Módulo profesional: Mecánica do vehículo.

 O módulo de Mecánica do vehículo, pertencente ó ciclo de formación básica de Transporte e mantemento de vehículos organízase no seguintes contidos:

  • Seguridade, hixiene, medio ambiente e iniciativa emprendedora no taller de mecánica do vehículo. Estudo das normas de seguridade, hixiene e gestión medio ambiental. Estudo das capacidades asociadas á iniciativa emprendedora
  • O motor de combustión. Estudo do motor de combustión interna.
  • Compoñentes do motor. Estudo dos compoñentes do motor.
  • Circuítos auxiliares do motor. Estudo dos diferentes circuítos auxiliares do motor.
  • Suspensión, dirección e rodas. Estudo dos sistemas de suspensión, dirección e rodas.
  • Sistemas de transmisión e freado. Estudo dos sistemas de transmisión e freado que equipa un vehículo.

 

 

Módulo profesional: ELECTRICIDADE DO VEHÍCULO

 Con este módulo preténdese darlle o alumno unha formación xeralista sobre o sistema eléctrico do vehículo automóbil e presentarlle os conceptos básicos de traballo ca electricidade, tanto nos seus aspectos de seguridade, como de comprobacións e reparacións eléctricas, emprego de ferramentas eléctricas en automoción, etc.

Os contidos impartidos son os seguintes:

Unidade

Título

Resumo de contido

1

O taller de electricidade

Normativa básica dun taller de electricidade. Normas de seguridade e manipulación de equipos e sistemas nun taller de electricidade. Funcionamento básico dos equipos do taller eléctrico de automoción.

2

Sistemas eléctricos básicos

Compoñentes eléctricos básicos. Ley de Ohm y da potencia. Montaxe de circuítos eléctricos básicos e comprobación co polímetro sobre os mesmos.

3

Circuítos de carga e arranque

Compoñentes dos circuítos de carga e arranque. Estudo do funcionamento básico de cada un dos circuítos. Identificación de compoñentes e comprobación de funcionamento do circuíto sobre o vehículo.

4

Sistemas eléctricos auxiliares

Sistemas de limpia e lavaparabrisas, alumeado e maniobra, elevalunas eléctrico: estudo dos compoñentes básicos, proceso de funcionamento, avarías e verificación.

 

Acceso ao currículo dos módulos formativos:

https://www.edu.xunta.es/fp/sites/fp/files/fp/Curr%C3%ADculos/LOE/Transporte%20e%20mantemento%20de%20veh%C3%ADculos/anexo_06_mantemento_vehiculos_gal.pdf