Blog
Blog de Tecnoloxías da Información e da Comunicación
O Blog de TIC. Programación en C++
Enviado por zorro2002 o Sáb, 29/10/2016 - 12:52
Ao longo do curso os alumnos e alumnas de 2º de TIC van elaborando diferentes programas. Aquí deixamos algúns feitos por eles.
Programa fonte-executable | ||
Ordenación en burbulla. O programa ordena os números introducidos. | Burbulla | |
A conxectura de Fermat. Con este programa podes verificar a conxectura de fermat até o número que queiras. Na actualidade a conxectura ten o rango de teorema. | Fermat, LINUX e WINDOWS | |
O teorema de Pitágoras. Este programa permíteche obter as ternas de números que cumpren o Teorema de Pitágoras. | Teorema de Pitágoras. LINUX e WINDOWS | |
Unha profesión con futuro
Enviado por admin o Mér, 28/09/2016 - 11:04
En 2015, ao redor de 864.000 empregos TIC en Europa non se cubriron por falta de profesionais cualificados. Nun momento no que padecemos de taxas históricas de paro xuvenil, en especial en países como España e Grecia, a existencia dun número tan elevado de vacantes desaproveitadas resulta alarmante. "Os profesionais das TIC están en niveis de pleno emprego", confirma un recente estudo elaborado por Ideada. En concreto, o 94% dos encuestados conta cun posto de traballo.