Skip to main content

Presentación

Presentación: Tecnoloxías da Información e da comunicación

Presentación da materia de TIC

Aula de informática con ordenadores

As TIC desenvólvense a partir dos avances científicos producidos nos ámbitos da informática e as telecomunicaciones. As TIC son o conxunto de tecnoloxías que permiten o acceso, produción, tratamento e comunicación de información presentada en diferentes códigos (texto, imaxe, video, son...) O elemento máis representativo das novas tecnoloxías é, sen dúbida, o ordenador e, máis específicamente, Internet. Como indican diferentes autores, Internet supón un salto cualitativo de gran magnitude cambiando e redefinindo os modos de coñecer e relacionarse das mulleres e dos homes.

Temario
1º Bacharelato 2º Bacharelato
Bloque I. A sociedade da información e o computador

  • Concepto de sociedade da información.
  • O sector das TIC: composición e características.

Bloque II. Arquitectura de computadores

  • Bloques funcionais dun sistema microinformático e compoñentes de cada bloque funcional.
  • Compoñentes dos sistemas microinformáticos
  • Periféricos básicos
  • Dispositivos de almacenamento: características e tipos.
  • Dispositivos de memoria: características e tipos.
  • Sistema operativo: elementos e estrutura. Clasificación, funcións e procesos do sistema operativo. Sistemas operativos actuais.
  • Instalación e actualización de sistemas operativos e de aplicacións de software.

Bloque III. Software para sistemas informáticos

  • Deseño e utilización de bases de datos sinxelas.
  • Elaboración de documentos mediante procesadores de texto.
  • Elaboración de presentacións.
  • Presentación ao público: conexión a un proxector e configuración.
  • Resolución de problemas mediante follas de cálculo.
  • Deseño e edición de Imaxes en 2D e 3D.
  • Creación de contidos audiovisuais. Elaboración de guións, captura de son e de imaxes, edición e montaxe.
  • As redes de intercambio como fonte de recursos multimedia. Dereitos que amparan as producións alleas.

Bloque IV. Redes de computadores

  • Configuración básica de redes locais: características, tipos, topoloxías e arquitecturas.
  • Cables e conectores: características e tipoloxía. Normalización.
  • Elementos das redes de datos: situación, dispositivos e adaptadores de interconexión de redes con fíos e sen eles; configuración básica destes.
  • Despregamento de redes locais sen fíos: elementos, medios de transmisión, protocolos e recomendacións. Seguridade básica.
  • Niveis do modelo OSI: funcións dos niveis, os protocolos e os dispositivos.

Bloque V. Programación

  • Diagramas de fluxo: elementos e ferramentas; símbolos e o seu significado.
  • Identificación dos elementos dun programa informático: estruturas e bloques fundamentais.
  • Deseño de algoritmos utilizando diagramas de fluxo.
  • Uso de estruturas de control: operadores, condicións, bloques e estruturas de repetición.
  • Execución, proba, depuración e documentación de programas.
  • Identificación dos elementos da sintaxe da linguaxe.

 

 

 

Bloque I. Programación

  • Programación estruturada
  • Programación Orientada a Obxectos Análise, desenvolvemento e proba de aplicacións

Bloque II. Difusión de contidos Linguaxes de marcaxe para a creación de documentos web.

  • Accesibilidade e usabilidade en internet.
  • Ferramentas de xestión de contidos da web 2.0. Características da web 2.0.

Bloque III. Seguridade

  • Medidas físicas e lóxicas de seguridade en redes: devasas, copias de seguridade, sistemas de control de acceso, monitorización de sistemas e análise de logs.
  • Uso básico dun contorno de desenvolvemento: edición de programas e xeración de executables.