Skip to Content

O alumnado do Obradoiro de Música desexa bo nadal a toda a comunidade educativa do IES Chano Piñeiro

Calendario 2022 do IES Chano Piñeiro

Desde o IES Chano Piñeiro de Forcarei queremos desexarlle unhas boas festas a toda a Comunidade Educativa do centro e aproveitamos para agradecer máis un ano a colaboración e o bo facer de todas e de todos, familias, alumnado e persoal do centro, á hora de afrontar esta situación tan difícil que nos tocou vivir.

 

Proxecto Ríos: Inspección de outono do río Lérez

O mércores 6 de outubro o alumnado de 1ºESO, xunto con profesorado dos departamentos de  Bioloxía e Xeoloxía e Matemáticas, realizou a inspección de outono do río Lérez ao seu paso  pola área recreativa de Cotelo. Dita actividade forma parte do Proxecto Ríos (Proxecto Ríos –  Un proxecto de ADEGA (proxectorios.org)), iniciativa de Educación e Voluntariado Ambiental  promovida pola asociación ecoloxista ADEGA (ADEGA, Asociación para a Defensa Ecolóxica de  Galiza) no que o IES Chano Piñeiro participa dentro do Plan Proxecta.  

Para a realización desta actividade o alumnado contou co asesoramento e as explicacións de  Paco Bañobre, educador ambiental de ADEGA.  

Nesta inspección analizouse o estado de saúde deste treito do río Lérez mediante o estudo de  diversos parámetros e bioindicadores: estudo da biodiversidade (fauna e flora), análise da  calidade fisicoquímica (temperatura, pH, nitratos, osíxeno disolto na auga), clasificación dos  macroinvertebrados (larvas de cabaliño do demo, de mosquito, ...) que viven no leito do río e  son bioindicadores, etc.  

Cos datos obtidos nestas inspeccións realizadas polos grupos participantes en diferentes ríos  galegos, ADEGA elabora un informe do Estado de Saúde dos Ríos Galegos que se publica  anualmente

 

Proxecto Ríos – 2º de ESO: Pesca sen morte

O mércores 29 de setembro tivemos a oportunidade de contar coa presenza de David Arcay na área recreativa do Cotelo. Este pescador, catro veces campión do mundo de pesca sen morte, contounos moitas das súas experiencias na práctica desta modalidade deportiva. 

Despois dunha pequena introdución sobre os ecosistemas fluviais e a importancia da súa conservación, fíxonos unha demostración no río Lérez de como realiza a súa actividade, pescando varias troitas sen morte e empregando a mosca como cebo. 

Agardamos que con esta iniciativa continúe a tradición troiteira en Forcarei. 

AXUDAS PARA O ESTUDO DO CONCELLO DE FORCAREI

AXUDAS ESTUDO CURSO 2021/2022 PARA FAMILIAS EN SITUACION DE DIFICULTADE SOCIO-ECONOMCA.

Prazo ata o día 6 de outubro

Para máis información: Concello de Forcarei

 

Distribuir contido


by Dr. Radut