Skip to Content

Convocatoria de bolsas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o vindeiro curso 2024/25

 

A convocatoria está dirixida ao alumnado durante o próximo curso estude en niveis postobrigatorios: bacharelato, formación profesional,

ensino universitario...

Prazo de solicitude: do 19 de marzo de 2024 ao 10 de maio de 2024.

Dispós de máis información sobre a convocatoria no sitio do Ministerio (https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/...).

Apertura do prazo de admisión para o vindeiro curso 2024/25

Do 1 ao 20 de marzo permanecerá aberto o prazo para realizar a admisión de alumnado para o curso 2024/25.

Toda a información está tamén dispoñible no sitio web da aplicación da Consellaría.

 

VACANTES PARA O CURSO 24-25

 

Solicitude de reserva de praza do 15/01 ao 05/02

Inaguración do Club de Lectura

O mércores 11 de outubro inauguramos club de lectura deste novo curso 2023-24 cunha xenerosa chocolatada. Felices de que a familia lectora medre e de poder compartir chocolate e historias.

Proxecto Ríos – 1º de ESO

 

O mércores 4 de outubro, os alumnos e alumnas de 1º de ESO tivemos unha saída á área recreativa do Cotelo (Forcarei), dentro do Proxecto Ríos. Acompañáronnos os profesores de Bioloxía e Xeoloxía, Matemáticas e os técnicos ambientais do proxecto.

Distribuir contido


by Dr. Radut