Cribado Covid alumnado

AVISO IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS

Comunicámoslles que o vindeiro luns, 19 de abril, comezará  un programa para a detección de SARS-CoV-2 con mostra de saliva en poboación asintomática de 12 a 17 anos coa colaboración das oficinas de farmacia da provincia da Coruña.

Terán que acudir á súa farmacia de referencia onde lles informarán sobre o procedemento de toma de mostra e lles proporcionarán o tubo de recollida.

Trátase dunha campaña de detección de poboación asintomática, polo que se unha persoa ten síntomas compatibles deberá contactar con seu centro de saúde.

Para acceder a informaión e ao listado de farmacias premer no seguinte enlace: https://www.cofc.es/campana/79-campana-de-deteccion-de-sars-cov-2 

Rógase a máxima participación polo ben de toda a comunidade

Admisión para o curso 2021-2022

Publicada no taboleiro de anuncios do IES a listaxe provisional

do alumnado admitido para o curso 2021-2022.

Todas as solicitudes presentadas foron admitidas.

 

Reunión virtual para coñecer a ampliación da oferta educativa no IES de Catabois

Co fin de dar a coñecer a nova oferta educativa do IES de Catabois para o curso 2021-2022 celebraremos unha reunión virtual o martes 16, ás 17:00 h.

Circular informativa

Prema aquí para acceder á videoconferencia

(Consulte na circular informativa a contrasinal da reunión)

 

Día de Rosalía, 24 de febreiro

Neste día fixemos a nosa particular homenaxe á escritora

e os seus versos soaron polo centro en forma de cancións

e nas bocas das nosas alumnas e dos nosos alumnos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dende o departamento de Lingua e literatura galega, EDLG e Tecnoloxía

fixemos un xogo (escape room) sobre a súa vida.

Aquí vos deixamos a ligazón con 4 misións que tendes que resolver:

A xogar: VIDA E OBRA DE ROSALÍA

Actividade telemática gratuíta, destinada principalmente ás familias

 

Dende a FEANPAs queren convidarvos a participar desta actividade telemática gratuíta da man de Mª Jesús Olivares Rodríguez, traballadora social feminista, xuntarémonos para achegarnos xuntas ao concepto amplo de IGUALDADE dende distintas perspectivas.

 

Enlace ao Cartaz

 

Enlace á información da actividade: obxectivos, enlace á inscrición e programa.

 

Mostra de actividades complementarias do curso 19-20

(1/07/2020)

Durante este curso fixéronse moitas actividades nas que o alumnado puxestes en xogo as vosas capacidades creativas: Samaín, magosto, horta escolar, Día da Paz, Quérote+, Entroido, concursos da biblioteca,... Moitos destes traballos recóllense no blog "Queremos facer" dos plans Proxecta, nos que colaboran diversos departamentos do centro. Aquí vos deixamos, ben á man, o enlace, para que lle botedes un ollo e lembredes todos eses bos momentos es os vosos excelentes traballos:

Queremos facer


Matrícula PFB 2020-2021

Aberto prazo para preincrición nos Programas Formativos Básicos dos perfís de Comercio e Industrias Alimentarias. Do 1 ao 10 de xullo e do 1 ao 10 de setembro.

Imprescindible solicitar cita previa no 881 930 233

Impreso de preinscrición

Publicada a revista do curso 2019-2020

(25/06/2020)

Lembranzas 2019-2020

Publicada a revista LEMBRANZAS 2019-2020

Case sen darnos conta, xa pasou outro curso. Un curso que resultou ser moi diferente debido á situación de suspensión das clases dende o 13 de marzo, pero, pese a todo, a nosa revista anual non podía faltar á súa cita. Este ano, adaptando o seu formato ás necesidades do momento, publícase exclusivamente en formato dixital, pero ven coma sempre chea de lembranzas.
Aquí vos deixamos o enlace. Desfrutádea!!

LEMBRANZAS Curso 19-20


As mulleres nas Tecnoloxías da Información e da Comunicación

(25/05/2020)

O pasado 23 de abril celebrouse o Día Internacional das Mulleres nas TIC. Co motivo desta celebración, os departamentos de Tecnoloxía, Matemáticas e Orientación, elaboraron este xogo de Escape Room para dar a coñecer algunhas mulleres adiantadas ao seu tempo, que destacaron e lograron importantes innovacións no mundo das TIC.
Animádevos a coñecer un pouco da vida e dos logros destas mulleres. Aquí vos deixamos o enlace:

Mulleres pioneiras no mundo das TIC


Catabois lembra Ricardo Carvalho Calero

(15/05/2020)

Como xa saberedes, o 17 de maio é o Día das Letras Galegas. Este ano o autor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero. Algunhas e algúns de vós tivestes a oportunidade de coñecer un pouco este intelectual ferrolán nun obradoiro e roteiro que tivemos alá por febreiro e marzo.
Mais as circunstancias de emerxencia sanitaria fixeron que todo se paralizase e moitas actividades tiveron que cancelarse; de feito as celebracións deste día adiáronse para o 30 de outubro.
Alén das tarefas que estades a elaborar dende a casa, e outras que irán chegando, os departamentos de Lingua Galega e Tecnoloxía elaboraron un xogo (escape room) co que poderedes ver algúns apuntamentos sobre a súa vida. Aquí vos deixamos o enlace:

Unhas pegadas pola biografía de Ricardo Carvalho Calero


Publicación das adaptacións das Programacións Didácticas 2019/2020

(13/05/2020)

Publicadas as adaptacións das Programacións Didácticas das distintas materias, segundo as instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Pódense consultar na sección "Departamentos" do menú dereito da páxina web, no departamento correspondente.


 

12 de maio, Día Internacional das Mulleres Matemáticas

(12/05/2020)

Hoxe conmemórase o nacemento de Maryam Mirzakhani, que en 2014 gañou a Medalla Fields (que é como o Nobel en Matemáticas). Nos 85 anos que leva concedéndose este galardón foi a única muller que a recibiu.

A Comisión de Mulleres e Matemáticas da RSME organizou actividades para conmemorar este día, unha delas é un xogo de escape room ao que podedes acceder aquí:

El pasillo del olvido recordado

Dende o Departamento de Matemáticas animámosvos a botar un anaco entretidos resolvendo varias probas que implican a grandes matemáticas da historia, desde Hypatia a Sophie Germain ou Maryam Mirzajani.

Boa fuxida!!


Écouter le français avec Célia.

(30/04/2020)

Aínda que a nosa auxiliar de conversa volveu á súa terra debido á situación que atravesamos, segue con nós na distancia e continúan as súas actividades!

O departamento de francés está encantado de comunicarvos que todos podedes ter acceso aos vídeos de Célia, a través da súa canle de Youtube. Aquí vos deixamos o enlace

Écouter le français avec Célia

Moitas grazas e saúdos, Célia!


Feliz día do libro!

(23/04/2020)

Robots lectores 

Para celebrar o Día do Libro como facemos cada curso, pero nesta situación de confinamento, a Aula de Robótica do IES de Catabois propón a todo o alumnado un

concurso fotográfico

a través de Instagram en relación co tema anual da biblioteca "Ciencia e literatura".

Durante toda esta semana, ata o día 30 de abril, podedes subir unha fotografía na que se poida ver un libro xunto con algo relacionado coa ciencia. Na publicación hai que etiquetar a @roboticatabois e @iesdecatabois e empregar os hastags #yomequedoencasa #cienciayliteraturaiesdecatabois.

Concederanse dous premios dotados co agasallo dun libro á foto con máis likes e á foto máis orixinal segundo o criterio do xurado.

Os que non teñades Instagram e queirades participar igualmente no concurso á fotografía máis orixinal, tamén podedes enviar as vosas instantáneas á dirección de correo ies.catabois@edu.xunta.es indicando no asunto "Concurso fotográfico Día do Libro".

Animádevos a participar e felices lecturas!


Distribuir contido