Complementarias e extraescolares

A caravana de "Vilamor" chega ó Baronceli

11/05/2012 13:11
Europe/Madrid

A caravana de Vilamor -a última película de Ignacio Vilar, con Rubén Riós de protagonista- chega o luns 14 ó Baronceli. A caravana chega nunha nova etapa da súa viaxe promocional por Galicia, e desenvolverá unha actividade especial no Instituto. Un bo aperitivo para a inminente Romaría das Letras Galegas. O cine-clube proxectará ese día dúas curtas de Rubén Riós: 'Adeus Edrada' e 'Coser e cantar'.


Ciclo de curtametraxes

27/02/2012 14:46
Europe/Madrid

A Biblioteca organiza un ciclo de curtametraxes. A partir de marzo, os luns ás 15:00 na aula "Taboada Chivite", o mellor cine!

PROGRAMACIÓN

26 de marzo: Selección de PIXAR.

9 de abril: Birdboy.

16 de abril: El viaje de Saïd.

23 de abril: NON HAI PROXECCIÓN POR COINCIDIR COA CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO.

30 de abril: La leyenda del espantapájaros.

7 de maio: La nostalgia del señor Alambre.

14 de maio: La dama y la muerte.

21 de maio: SEN ESPECTÁCULO Ó SER Á ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Concurso de microrrelatos de Entroido

27/01/2012 13:22
Europe/Madrid

A Biblioteca vén de convocar o II Certame de microrrelatos, esta vez centrados na temática do Entroido. Máis info no ficheiro adxunto.

Cándido Pazó, no Baronceli

19/12/2011 21:44
Europe/Madrid

O mércores 21 de decembro, estará connosco o humorista, actor e guionista galego Cándido Pazó. A mellor maneira de despedir o 2011 e de comezar as vacacións de nadal!

Máis info sobre este artista eiquí.

 

 

 

 

 

 

 

Imaxe de www.culturagalega.org

Contra a violencia de xénero

16/12/2011 18:50
Europe/Madrid

Cartel confeccionado por alumnos de 1º ciclo, co galo do Día Contra a Violencia de Xénero.

Xogo de Pistas: desvelando identidades segredas.

14/11/2011 21:30
Europe/Madrid

A Biblioteca organiza unha nova edición do Xogo de Pistas: cada semana, e ata... a fin do curso, os alumnos terán a oportunidade de desvelar a identidade dos personaxes agachados, amosando a úa cultura xeral e as súas habilidades para a busca de información. Máis info eiquí.

Distribuir contido