DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

A Consellería de Educación ven de publicar unha orde pola que regula o reparto de máscaras entre o alumnado.

Non terá que presentar solicitude o alumnado que foi beneficiario da axuda para a adquisición de material escolar no curso 2020/2021.

Se non foi beneficiario/a, poderase solicitar no centro polo alumnado que:

- Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros.

- Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela da Xunta de Galicia, ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda familiar.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 25 deste mes.

Para a resolución de dúbidas, poden chamar ao teléfono do centro (988788339).