ARRANCA A ESCOLA DE NAIS E PAIS

O IES Breamo e a ANPA APERTA en colaboración co CFR de Ferrol puxo a andar a Escola de Nais e Pais co obxectivo de falar de todos aqueles temas que preocupan ás familias e dos que queiran informarse.
O pasado xoves 24 de novembro celebrouse a primeira xuntanza que, impartida por 

ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia), versou sobre o uso e control das redes sociais: adultos e adolescentes nas TRIC (tecnoloxías de relación, información e comunicación).

A charla, que discorreu nun ambiente distendido, con alta participación das familias, foi todo un éxito. 

Á palestra saíron numerosas anécdotas interxeracionais das familias sobre tempos pasados na relación cos pais e nais nun mundo “off line” e as dificultades  para o acompañamento ós fillos e fillas  nas RRSS.

As familias, sumamente satisfeitas polo debate enriquecedor con Cristina Martínez Bernárdez (psicóloga e psicoterapeuta da asociación ASEIA), pensan xa na segunda xuntan do próximo mes de xaneiro que levará por título: adolescencia e saúde emocional: entre a comunicación e os límites.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer