PassVigo-Vitrasa
Vitrasa envía a seguinte información de interese para o alumnado relativa ao acceso ao transporte urbano de Vigo:
Neste periodo de volta ó cole, recordamos que a forma máis segura e cómoda de viaxar en autobús é empregando a tarxeta PassVigo, evitando na medida do posible o pago en efectivo.
Inicio de curso
Informamos de que o inicio do curso está disposto para o xoves, 8 de setembro do 2022, no horario habitual, entrando ás 8:20 e saíndo ás 14:00. Haberá, por suposto, servizo de autobuses.
Premios reciclaxe
Atlántico diario premia as cincuenta mellores propostas de reciclaxe, entre elas están as de dous alumnos do noso instituto: Adrián Rodríguez Almón e Carla Ferreira López. Parabéns para os dous.
Hórreos de Beade
Matrícula curso 2024-2025
Estas datas son as asignadas a cada curso e nas que estes alumnos teñen preferencia. Por favor, respectade as datas. Se algún motivo ou circunstancia impide acudir o día asignado, o alumnado poderá matricularse calquera dos outros días habilitados.
O IES de Beade na prensa
Novas publicadas na prensa referidas ao noso instituto.
FaroEduca de Faro de Vigo
Xornal Escolar de Atlántico
Calendario fin de curso
Publicado o calendario de fin de curso: exames, avaliacións, entrega de notas e calendario de exames extraordinarios para bacharelato.
PEC-PXAD-Avaliacións-Promoción e titulación
ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.
Primavera Xove
A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia pon en marcha este ano a segunda edición de Primavera Xove, un programa que busca xerar espazos para un ocio educativo seguro, divertido, formativo e favorecedor da transferencia de valores e coñecemento.
O instituto na prensa: Erasmus en Portugal
Reportaxe no xornal Atlántico da visita do noso alumnado a Portugal dentro do programa Erasmus.
Seguridade Viaria no Transporte Escolar
Tal e como establece a lexislación vixente, os pasaxeiros deste tipo de vehículos, teñen a obriga de utilizar os cintos de seguridade dos que dispoña o autocar. Por outra banda, as familias son unha parte fundamental para que a rapazada comprenda os beneficios de levar posto o cinto de seguridade.
Curso 2022-2023-Admisión alumnado centros adscritos
Están dispoñibles na aplicación e taboleiro de anuncios de secretaría as listaxes provisionais de alumnado admitido (Centros adscritos). Tamén foron enviadas estas listaxes aos centros adscritos correspondentes.
Curso 2022-23: Admisión alumnado centros non adscritos
Admisión curso 2022-2023 centros non adscritos. Prazas vacantes ofertadas
Lembrar que desde o 1 de marzo ata 21 de marzo de 2022 está aberto o prazo para solicitar praza no noso centro. Toda a información está en: www.edu.xunta.es/admisionalumnado
Protocolo COVID
Actualización na deteccción e manexo de casos de infección activa polo virus SARS-CoV-2 en atención primaria e na abordaxe dos contactos estreitos.
Concurso Pilabot
O noso centro vai participar no concurso PILABOT, organizado pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, en colaboración cos SCRAP de pilas e acumuladores autorizados en Galicia.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »