Bolsas de estudos Ministerio de Educación

O Ministerio de Educación e Formación Profesional abriu os prazos para solicitar axudas e bolsas de estudos para o curso 2021-2022.

Ministerio de Educación

Información importante setembro 2021

Información importante para o alumnado referida ao mes de setembro: exames, matrícula, devolución de libros...

Información

Feliz verán para toda a comunidade educativa

O IES de Beade en Atlántico Diario

Somos noticia en Atlántico Diario pola participación no programa europeo Erasmus. Xa imos polo quinto ano e esperamos que a pandemia sexa só un triste recordo e poidamos, ademais do traballo en liña, comezar as viaxes de intercambio cos países que participan no noso proxecto.

Calendario exames setembro 2021

Calendario e o horario dos exames da convocatoria extraordinaria de setembro. Ánimo e bo verán para todas e todos. Mira a páxina de descargasOLLO! O calendario de exames de setembro foi actualizado o día 29 de xullo

 

Matrícula curso 2021-2022

Publicamos o calendario de matrícula para o próximo curso 2021-2022 e toda a información sobre o procedemento. Matrícula só para o alumnado con todo aprobado na avaliación final ordinaria de xuño ou, para matricularse en bacharelato, co título de ESO.

Vídeo presentacións alumnado de economía

Vídeo das presentacións realizadas polo alumnado durante o presente curso na materia de economía.

Vídeo

Coñece o noso instituto

Coñece o IES de Beade. Máis de 30 anos facendo ensino público de calidade.

Vídeo realizado por Carlos Cifuentes.

Calendario exames xuño 1º e 2º bacharelato

 Calendario de exames oficiais no mes de xuño para o alumnado de 1º e 2º de bacharelato

1º bacharelato     2º bacharelato

Fondo Solidario de Libros de Texto

ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

Aviso Importante Liña 3

ACTUALIZADO: As obras na Estrada do Porto continuarán ata o 15 de xuño. Como consecuencia, a liña 3 non poderá facer as seguintes paradas.

1. Estrada do Porto, 140 (Cambio sentido esquina Camiño Goaldino).

2. Estrada do Porto, 126 (Residencia Alvi).

XII Olimpíada de Xeoloxía

Participamos na fase galega da XII Olimpíada de Xeoloxía. O noso centro, representado por Aurora, Ruhma, Erea e Eva, foi declarado o mellor equipo, e Aurora Fojo acadou a segunda posición en individual. Parabéns a todas. Fotos

Admisión curso 2021-2022 (alumnado novo de centros non adscritos)

Procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2021/22:

Procedementos e prazos

Curso 2021-2022: Información sobre o noso instituto

Publicamos este documento con información sobre o noso instituto. Máis adiante, se é posible debido á pandemia, celebraremos un día de portas abertas para que ti e os teus poidades coñecer as instalacións e atopar resposta ás dúbidas que teñades.

Avaliación de alumnado con materias pendentes

Publicamos o calendario de exames e toda a información para o alumnado de ESO e BACH. con materias pendentes de cursos anteriores.

Visita a páxina de descargas

Aliméntate ben-Froita na escola

A Consellería de Educación concedeunos, dentro do seu programa Aliméntate ben. Froita na escola, dúas semanas de reparto de froita fresca ao alumnado de ESO totalmente de balde.

Distribuir contido