Reserva
RESERVA PARA O ALUMANDO DO NOSO CENTRO
PREMATRÍCULA (Impresos, só para o alumnado matriculado)
Estes son os impresos para facer a prematrícula e, polo tanto, a previsión para o curso 24-25.
As opcións e optativas son as mesmas que as do ano pasado, a excepción de Valores Éticos e cívicos bilingüe en 3º ESO e Filosofía bilingüe en 4º ESO que desaparecen.
2º ESO atallo
3º ESO atallo
4º ESO atallo
1º BAC atallo
2º BAC atallo
RESERVA PARA CENTROS ADSCRITOS
Instrucións para a reserva de praza en centro de adscrición atallo
Información sobre o proceso e criterios de selección: Orde do 21 de outubro de 2022 atallo
RESERVA DE PRAZA CURSO 2024/ 25
Quen pode reservar praza?
a) Alumnado dos centros adscritos: CEIP As Mercedes, CEIP Curros Enríquez, CEIP Mestre Vide, CEIP Manuel Sueiro que teña previsto matricularse no IES As Lagoas no vindeiro curso 2023/24 en 1º de ESO.
b) Alumnado dos centros adscritos: CPI José García, CPR A Purísima, CPR Concepción Arenal, CPR Divina Pastora, CPR Guillelme Brown, CPR Miraflores que teña previsto matricularse no IES As Lagoas no vindeiro curso 2023/24 en 1º Bch.
O alumnado que non estea comprendido nos apartados anteriores e pretenda cursar estudos neste centro deberá acollerse ao disposto no proceso de ADMISIÓN. |
Prazos
Do 15 de xaneiro ó 5 de febreiro de 2024, ambos incluídos.
Documentación
Documentación que debe entregarse no centro onde cursa estudos actualmente:
- Anexo I atallo
- Só no caso de non autorizar a consulta de datos, achegarase fotocopia do DNI (de non posuír DNI deberase aportar copia da páxina do libro de familia onde figura o/a alumno/a).
No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares comunicaráselles aos intersados e publicarase no taboleiro de anuncios do centro e nesta páxina web, debendo presentar a solicitude de Admisión e a documentación xustificativa para a aplicación do baremo (Artigo 12).
No caso de que non teñan ningunha comunicación ao longo do mes de febreiro entenderase que ten reservada a praza para o vindeiro curso.
A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
2024-2_InstrucciónsReservaCentros.pdf | 410.74 KB |
2º ESO.pdf | 731.71 KB |
3º ESO.pdf | 750.33 KB |
4º ESO.pdf | 200.92 KB |
1º BACH.pdf | 257.95 KB |
2º BACH.pdf | 265.83 KB |