Visita á exposición "Luz na Terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura"

O pasado 9 de novembro, o alumnado de 4º da ESO participou nunha saída didáctica a Compostela organizada polo Departamento de Xeografía e Historia, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Comezamos dirixíndonos á Cidade da Cultura para facer unha visita guiada á exposición "Luz na Terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura". Aquí puidemos achegarnos á labor dun Seminario que tan importante foi no seu momento para a modernización cultural e científica de Galicia, conmemorando ademais que se cumpren cen anos da súa fundación.
A continuación dirixímonos ao Centro Galego de Arte Contemporánea para asistir a unha sesión didáctica acerca do que é a arte contemporánea. Ademais de asistir a esta presentación e visitar algunhas das salas do museo, os alumnos e alumnas puideron participar nun taller para a creación da súa propia instalación artística!
Por último, tivemos tempo de achegarnos ao Panteón de Galegos Ilustres para visitar as tumbas de persoeiros tan destacados na nosa cultura como son Rosalía de Castro ou Castelao.

Diseño

Programa Xogade

O programa XOGADE combina o programa deportivo e competitivo (escolar e federado) cun programa lúdico e participativo para os escolares dos centros educativos de toda Galicia, camiño cara un deporte humanista, federado e saudable. O obxectivo primordial é a promoción da saúde, a condición física e o benestar, sen esquecer nin deixar de lado o rendemento deportivo, pero asegurando que todos os escolares poidan ter acceso á práctica de actividades físico-deportivas sen que exista ningún tipo de discriminación.
Este ano o noso centro participa na modalidade de Badminton (modalidade individual). A primeira xornada desta competición tivo lugar o sábado, día 11 de novembro de 2023, na localidade de Trazo de 10:00 horas a 13:00 horas aproximadamente e participaron na mesma tres alumnas de 1º ESO e un alumno de 2º ESO. 
Foi unha xornada na que, ademáis de facer deporte, coñecimos persoas novas e compartimos unha mañá moi divertida. Seguiremos entrenando para dar o máximo na vindeira xornada, que será en Toques no mes de decembro.

Diseño

25N Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero

Como sabes, o próximo 25 de novembro é o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. Co fin de celebrar esta importante data, convidámosvos a participar neste "Recital de Poesía Feminista". O acto terá lugar no primeiro recreo do 24 de novembro no Salón de Actos. Para máis información consulta o cartaz. Anímate a participar

 

25N Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero

Como sabes, o próximo 25 de novembro é o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. Co fin de celebrar esta importante data, convidámosvos a participar neste "Recital de Poesía Feminista". O acto terá lugar no primeiro recreo do 24 de novembro no Salón de Actos. Para máis información consulta o cartaz. Anímate a participar

25N

Halloween

No IES de Arzúa celebramos Halloween con actividades interculturais, obradoiros de origami, deseño de epitafios e posts, actividades interactivas en vídeo e, como non, decoración inspiradora e festa...

 

Halloween

Axudas de Mobilidades Erasmus para FP básica e CM curso 2023

Clicando no seguinte enlace: Axudas de mobilidade Erasmus para alumnado de ciclos formativos de grao medio e grao básico de centros educativos públicos  podedes acceder á resolución do 9 de novembro de 2023 da Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades que establece as bases reguladoras da convocatoria.

Podedes descargar o documento de solicitude  no seguinte enlace: ANEXO II

Taller de papel reciclado

O alumnado de FP básica de Servizos Administrativos realizou un taller de reciclaxe de papel para incidir na importancia de reducir a deforestación e o consumo de recursos naturais. Con este taller puideron comprobar o sinxelo que é contribuír ao coidado do planeta mediante a fabricación de papel a partir de papel usado en lugar de empregar polpa de árbore. Esta técnica tamén axuda a diminuír a xeración de residuos e a contaminación do medio ambiente.

Obradoiro de papel reciclado

Charla sobre emprendemento no rural: Floradeira

Xa comezou a actividade da nova Aula de Emprendemento do IES de Arzúa coa charla sobre Emprendemento no rural de FLORADEIRA: o proxecto de Verónica de cultivo e venda de flores online. Verónica explicou en dúas quendas a súa traxectoria profesional. O alumnado de FP tanto de Administración e Xestión como de Agraria puido coñecer como despois de estudar psicoloxía e terapia ocupacional e traballar do seu, decidiu dar unha volta a súa vida e crear un novo proxecto empresarial para ser a xefa da súa vida. Esta emprendedora contou polo miúdo como comezou cunha subvención de 3000 euros e a súa aposta pola páxina web e as redes sociais como escaparate dos seus produtos. Explicou como nos seus inicios vendía un ramo á semana e tras catro anos en funcionamento ten mais de 20.000 seguidores en Instagram, realiza unha media de 20 pedidos ao día e os envíos van dende a súa aldea de Paderne a diferentes partes de España en menos de 24 horas. Tamén incidiu sobre outros elementos como o packaging, as empresas de transporte, o crecemento do seu proxecto, a necesidade de focalización, a facturación, as inversións futuras e a conciliación. En definitiva, a experiencia de Verónica foi un gran exemplo para que o alumnado coñeza o emprendemento dende unha perspectiva real e auténtica.

Floradeira

Logo Aula de Emprendemento

Podedes clicar no seguinte enlace para descargar as bases do concurso para o Logo da aula de emprendemento: Concurso logo aula de emprendemento

Logo aula emprendemento

Distribuir contido

Back to top