Dende o xoves día 14 de xaneiro, no edificio principal do IES contamos cunha exposición de motoserras antigas cedidas polo Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo. Dende o IES queremos agradecerlle a Vicente Manso Fuentefría así como a Diego Fernández Bustillo a montaxe e traslado da exposición.
Picando na seguinte imaxe poderedes acceder a algunhas das imaxes da mesma.