O mércores día 9 de decembro tivo lugar a gala de proxección das curtas finalistas do certame convocado pola Asociación Pedagóxica Galega. Nela coñecimos que o noso instituto acadou o 1º premio na categoría de centros de ensino.

A nosa curta pretendía achegar de forma lúdica algúns aspectos da vida e da escrita deste autor; tanto desde o punto de vista do contido comprometido no dificil contexto da guerra e posguerra como da ortografía reintegracionista que defendeu.

Agradecemos a MJ Pérez que unha vez máis colaborou na gravación e edición do vídeo conseguindo que o guión das profesoras Sabela e Maca e a interpretación do alumnado tivese un resultado final inmellorable. A todas elas moitos parabéns por este gran traballo.

"O xurado decidíu, por unanimidade, polo seu valor informativo e didáctico, cheo de frescura, sen deixar de presentar o lado lúdico da celebración do Día das Letrs, coa complexidade que supón a intervención dun número tan elevado de alumnado"

A curta foi feita con finalidade didáctica e conta cunha guía didáctica para traballar sobre o mesmo. Deixámosvos aquí o enlace á nova da AS-PG coa valoración do xurado sobre todas as curtas gañadoras e ao noso vídeo.

https://www.youtube.com/watch?v=6jk-UHD3Xms&t=430s