Remate da primeira avaliación

Os últimos días da primeira avaliación tivemos varias actividades para despedir o ano: o xoves 19 de decembro o grupo Chévere puxo en escena a obra 'Fillas Bravas' facendo referencia á forza das mulleres de varias xeracións e o venres 20 celebrouse o festival de Nadal con panxoliñas e outras actuacións musicais.

Voltaremos o mércores 8 de xaneiro, ata daquela, queremos desexarvos unhas felices festas e que disfrutedes destas datas tan especiais!

Ata a volta!

 

 

 

 

 

Cesta de Nadal

Xa se realizou o sorteo da cesta de Nadal donada pola ANPA, a gañadora foi Maricarmen Maseda de Moucide. A directiva encargouse de entregala. Felicidades á afortunada! Grazas á ANPA e a todos por participar!

 

Nadal en Alfoz

No centro xa estamos celebrando o Nadal: o belén foi realizado por todo o alumnado de Relixión con bebibles lácteos, e o árbol ecolóxico foi realizado en titoría polos alumnos de segundo de ESO con materiais reciclados.

 

Viaxe a Ferrol dos alumnos de segundo de ESO

O venres 29 de novembro os alumnos de segundo fixeron unha viaxe a Ferrol, estiveron en Canido disfrutando das Meninas nas fachadas das casas e en moitísimos rincóns do barrio, a continuación fixeron varias actividades deportivas en Parkour Urban Planet Jump de Narón e, tras o xantar, voltaron por Ribadeo para ver unha película no cine. Foi un día completo cheo de emocións.

Máis fotos

Instrumentos musicais con historia

Tamén o 25 de novembro, recibimos a visita de Abraham Cupeiro, quen nos veu amosar e tocar varios instrumentos de vento de distintas épocas (algún dos cales realmente curioso), facendo así un percorrido dende o pasado máis remoto da nosa especia ata a actualidade. Sen dúbida, un concerto pedagóxico moi interesante.

          

25N: Día internacional contra a Violencia de Xénero

O 25 de novembro conmemoramos no noso centro o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Todos xuntos participamos nun acto no que lembramos a cada unha das 52 vítimas deste tipo de violencia no que vai de ano en España. Podedes ver o vídeo no que se recolle o que fixemos; unha gravación realmente emotiva.

Completamos esta actividade cunha exposición de libros e murais baseada na temática da muller, onde se trata dende a publicidade machista ata o exemplo de mulleres pioneiras na súa profesión, pasando por historias curiosas sobre mulleres na provincia de Lugo. Invitámosvos a vir vela!

    

Charla sobre o cambio climático

O 15 de novembro, visitou o noso centro Iván Rodríguez Lombardero, xeólogo ambiental e membro do Movemento Galego polo Clima. Durante a súa visita, Iván alertou ao alumnado e profesorado sobre a situación de emerxencia climática que está a vivir o noso planeta.

 

    

Xogando ao xadrez!

O pasado 24 de outubro, o alumnado do centro contou coa visita do campión galego de xadrez e xogador internacional Roberto Paramos. A actividade consistiu en dúas horas de xogo simultáneo entre os rapaces e rapazas e o campión.

    

Exposición de mascotas

O pasaso 4 de outubro celebramos o día mundial dos animais. Con motivo desta conmemoración os alumnos de 2º de ESO renderon unha homenaxe ás súas mascotas a través dunha exposición de murais, nos que engadiron á foto do seu animal preferido un breve texto descritivo do mesmo.

 

  

Máis fotos

REUNIÓN COS TITORES

Hoxe luns 21 de outubro celebrarase a reunión dos pais cos titores. Será ás 19.30 h.

Powered by Drupal - Design by artinet