16 de maio, día non lectivo

O vindeiro luns 16 de maio, coincidindo coas Letras Galegas, será día non lectivo, polo que, dende este venres, non volveremos ás clases ata o próximo mércores 18 de maio. Esperamos que disfrutedes moito da ponte!

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

Podedes consultar todas as adaptacións das programacións didácticas dos departamentos para a terceira avaliación e a final accedendo aos adxuntos da marxe.

 

Criterios de Promoción e Titulación

O pasado 5 de abril aprobouse en Claustro a concreción curricular para este curso 2021/22 que inclúe os criterios de promoción, titulación e matrícula de honra.

Concreción curricular

Directrices para o uso da máscara

Dende o pasado mércores 20 de abril non é obrigatoria a máscara en espazos interiores, anque a recomendación, dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, é que siga usándose en espazos pechados.  Hai que subliñar que si é obrigatoria a máscara no transporte escolar.

En canto á asistencia ao centro no caso de que un alumno/a sexa positivo en COVID, a recomendación xeral é non asistir se a sintomatoloxía inclúe cadros febrís. Se presenta outras síntomas tamén é recomendable non acudir ata que remitan. Se un alumno/a ten a enfermidade pero sen síntomas, recoméndase que durante 10 días veña con máscara e reduza todo o posible a interacción con outras persoas.

En caso de que algún alumno/a non puidese acudir a clase por estes motivos, rogámoslles que informen ao centro ou ao titor/a.

Poden acceder ás directrices do uso da máscara dende aquí.

ACTIVIDADES IES ALFOZ-VALADOURO 8M

O pasado 8 de marzo no noso centro celebramos o día internacional da muller traballadora con distintas actividades onde participou todo o alumnado.

En educación física realizáronse dúas actividades, 1º de ESO elaborou un cartaz onde os nenos e nenas fixeron flores con distintas mandalas humanas co título “Non esperes que ninguén che traia flores, planta o teu propio xardín”. O alumnado de 3º e 4º de ESO realizou un mural co nome “Moito por facer” onde os rapaces e rapazas buscaron distintas noticias relacionadas co deporte onde se lle da á muller un trato machista. Este mural foi exposto no patio do instituto. Tamén o alumnado de 2º de ESO fixo, mediante posturas co corpo, frases e palabras 8M como por exemplo “Moito por facer”.

 

O alumnado de 1º de Eso tamén creou en Valores Éticos un mural dunha muller que pintaron conxuntamente, logo disto crearon un vídeo onde se lles pode ver pintando esta muller por riba de imaxes onde podemos ver actitudes machistas e patriarcais. Pódese dicir que o alumnado pintou por riba do machismo.

 Ver o blogue de valores éticos

Na biblioteca fíxose outra exposición co mural realizado en Valores Éticos, adornouse con lazos morados (símbolo do feminismo) e creuse con cartolina morada un 8M que estaba xusto riba do mural e rodeado polos lazos. Tamén se preparou unha mesa con lecturas feministas.

 

                                                                                                                                           

                                                                                                                                                  Lidia Expósito Goás e Tania Verdes Chao, 3º ESO

Premios ás gañadoras e gañadores do calendario "Nada é cuestión de xénero"

O pasado sábado cinco de marzo na casa da Cultura de Ferreira do Valadouro tivo lugar a presentación do documental "Referentes femininas na comarca da Mariña". Ademais entregáronse os premios aos gañadores do calendario "Nada é cuestión de xénero" a cargo da Secretaria Xeral de Igualdade Susana López Abella. Os premiados son: 1º, Inés Martínez García,2º, María Lozano Paz, 3º, Daniela Valea Barreira. Todos os alumnos de 1º de ESO recibiron un detalle por ser a clase gañadora.

                                                                                                                                                                               Inés Martínez García, 1º ESO

 

 

 

 

 

Podedes ver o documental "Referentes femininas na comarca da Mariña"

 

 

Entroido 2022

O venres 25 de febreiro celebramos o Entroido. Dende o tempo de lecer puidemos disfrutar da actuación do grupo Chévere sobre o cambio climático e nós disfrazámonos con ese motivo. Para finalizar entregáronse os premios aos disfraces individual, parella e grupo.

Máis fotos

Admisión de alumnado

O prazo para a solicitude dunha praza nun centro adscrito para o curso 2022/23 é do

 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.

O prazo para a solicitude dunha praza nun centro non adscrito para o curso 2022/23 é do 

1 ao 20 de marzo. 

No seguinte enlace podedes facer a inscripción de forma telemática ou cubrir os anexos I e I bis para presentalos no centro de destino.

Os grupos de 1º, 2º e 3º de ESO do noso centro teñen reservada praza para o curso que vén, se algún deles/as quixera cambiar de instituto, debería comunicalo á dirección e inscribirse no novo centro no segundo prazo indicado arriba.

Visita do mestre internacional Roberto Páramos ao IES Alfoz-Valadouro

          O pasado venres 26 de novembro o campión galego ata en dúas ocasións e mestre internacional de xadrez, Roberto Páramos Domínguez visitou o IES Alfoz-Valadouro para dar unha conferencia sobre o tema aos alumnos do centro, a maiores o xadrecista xogou varias simultáneas contra os nenos e nenas do instituto prometéndolles que se algún lle ganaba iría facer o camiño de Santiago en catiúscas, desafortunadamente ninguén o conseguiu.

                                                                                                                                                                                Diego López Otero (4º ESO)

 

 

                       

 

Conmemoración 25N 2021

Polo 25N, o alumnado de 1º de valores éticos realizou un vídeo titulado “Nin unha bágoa máis” contra a violencia de xénero.

Pola súa parte, os alumnos de 2º gravaron un vídeo titulado “Poñamos punto e final”.

Con estes vídeos o alumnado pretende mostrar a súa repulsa contra este grave problema social.

O alumnado de 4º na súa hora de titoría decorou a biblioteca con bolboretas lilas. Cada unha delas simboliza unha muller asasinada pola violencia de xénero neste ano.

 

Carmen Reimunde Losada 1ºESO

Enlace para ver os vídeos

s

 

Distribuir contido