Visita á exposición de Steven Meisel (A Coruña)

 

O luns 17 de abril, o alumnado de 3º e 4º ESO viaxaron a Coruña para visitar a exposición fotográfica do fotógrafo Steven Meisel 1993, A Year in Photographs

Alí levaron a cabo un obradoiro dirixido polo artista David Catá e organizado por ARTE - FACTO, un Grupo de Investigación da UDC en procesos artísticos contemporáneos, patrimoniais e de mediación cultural en contextos educativos.

 

Visita a Ferrol de 1º e 2º ESO

 

O pasado 20 de abril, o alumnado de 1º e 2º ESO viaxaron a Ferrol para realizar unha visita guiada ás Meninas de Canido. Tamén practicaron parkour nun centro deportivo de Narón. 

 

 

 

 

Eco-auditoría da auga e limpeza de residuos en espazo natural

 

O pasado 18 de abril o alumnado de 1º ESO fixo unha Eco-auditoría da auga na casa e no centro, reflexionando sobre o consumo de auga e o seu derrame, concretamente viron o caudal das billas do centro e as posibles medidas de aforro de auga.

Despois diso, realizaron unha limpeza de residuos nun espazo natural, concretamente na praia de Arealonga en Nois.

Todas estas actividades emmárcanse dentro do Programa A Mariña Ambiental UDC - Fundación Alcoa do que o centro é participante.

 

Recollida de título de ESO. Promoción 2018-2021

Xa están dispoñibles os títulos de graduado en ESO correspondentes á promoción 2018-2021. A súa recollida poderase facer en Secretaría en horario de 09:00h a 14:00h.

Se o alumnado é menor de idade será o pai/nai/titores-as legais os encargados da recollida do título.

En caso de ser alumnado maior de idade, os títulos poden ser recollidos por unha persoa suficientemente autorizada para tal fin. Para iso precísase da seguinte documentación: 

  • DNI do alumno/a
  • Impreso de autorización debidamente cuberto. (Adxunto nesta entrada)

 

Charla do programa “A ponte entre o ensino medio e a USC”.

Francisco Javier López González, profesor da USC no Campus de Lugo,  impartiu unha charla ao alumnado de 4º de ESO sobre os estudos postobrigatorios facendo fincapé nos estudos universitarios (ABAU, ramas de coñecemento, créditos ECTS, programas de intercambio...)

Tamén participou na charla unha exalumna do IES Alfoz-Valadouro, Sonia Expósito Goás, que fixo unha interesantísima exposición sobre o seu itinerario académico e profesional dende que rematou a ESO. Explicou detalladamente e de xeito moi ameno o seu percorrido polo sistema educativo: modalidade e materias do bacharelato, probas de acceso á Universidade e os seus estudos de Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria que culminaron cun interesante Traballo de Fin de Grao sobre un virus que ataca á Faba de Lourenzá.

 

8M Día Internacional da Muller

Presentámosvos as actividades para esta semana na que se desenvolverán diferentes actos para celebrar o Día Internacional da Muller.

 

O alumnado de Educación en Valores fixo unha exposición na biblioteca que podedes ver premendo aquí

 

O alumnado de Educación Física preparou unha exposición para visibilizar a figura da muller no deporte. 

Obradoiro de retrato con David Catá

O pasado xoves, o artista David Catá visitou novamente o IES Alfoz - Valadouro. Impartiu un obradoiro de teatro para o alumnado de 3º e 4º ESO como paso previo á visita da Exposición MEISEL en A Coruña. 

Esta actividade desenvólvese dentro dun proxecto entre a Universidade de A Coruña e o grupo de investigación Arte-facto. 

O próximo 17 de abril, o alumnado visitará a exposición e irán acompañados por David Catá

 

Admisión ESO curso 2023-24: solicitudes do 1 do 20 marzo

O prazo de presentación de solicitude de admisión comprende entre o día 1 e o 20 de marzo (ambos incluídos).

A solicitude (ED550B galego - ED550B castelán) presentarase preferiblemente por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave 365. Manual para as familias

O 25 de abril publicarase a través da aplicación informática (admisiónalumnado), a listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido por curso, abrindo un prazo de 5 días hábiles para formular reclamacións.

A publicación das listaxes definitivas será o 15 de maio.

O prazo para formalizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

 

Premios Entroido 2023

 

Fíxose entrega dos premios aos gañadores e gañadoras do concurso de Entroido.

Noraboa aos premiados e premiadas e moitas grazas a todos os participantes.

 

  • Categoría individual: Irene Paz Blanco (1º ESO)
  • Categoría parella: Inés Martínez (2º ESO) e Paula Expósito (3ºESO)
  • Categoría grupo: alumnado de 3º ESO

 

11 de febreiro: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O Departamento de Ciencias organizou unha interesante actividade para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Creouse un vídeo conmemorativo no que participan diferentes alumnas do noso centro e colaboran cinco mulleres relacionadas co mundo da Ciencia. No vídeo, estas mulleres dan o seu punto de vista e opinión sobre preguntas formuladas polas alumnas sobre a súa formación e profesión no mundo científico. Moitas grazas a todas as participantes. 

 

Podes ver o vídeo no seguinte enlace 

https://drive.google.com/file/d/1PkwCIQL2mwpl7NnszFJunkNmh2_qjf0O/view?usp=sharing

 

 

Distribuir contido