Creando unha táboa de frecuencias.

Para comezar descarga o seguinte fichero cos datos: notas. Ábreo coa aplicación Calc de libre office ou semellantes.

Atención ao ficheiro xa que crea novos datos de cada vez, é dicir, ti tes uns datos diferentes aos meus e aos dos teus compañeiros, iso significa que as frecuencias que calcularás daranche diferente que a min e tamén que ás dos compañeiros!

Imos crear unha táboa de frecuencias onde calcularemos a frecuencia de cada nota, terás que escribir o seguinte:

Agora axusta o ancho da columna situando o rato sobre a marxe da columna inicial.

Para ter unha mellor apariencia  tes que engadir un borde seleccionando a táboa de frecuencias e seleccionando o borde que queiras.

Tamén podes mellorar a apariencia introducindo diferentes cores para o fondo; acadando así unha apariencia coma esta:

Imos comezar agora a contar os datos, para o que empregaremos a función de calc CONTAR.SI(Intervalo;Criterios) onde Intervalo é o conxunto de datos no que vai contar (a mostra) e Critero será o valor que queremos contar.

Podemos introducir a función CONTAR.SI() dende o asistente de funcións ou introducila directamente escribindo na cela, onde queremos que actúe, o seguinte: =CONTAR.SI(A2:E11;B13)

Observa como actúa a función CONTAR.SI(Intervalo;Criterio), intervalo é "A2:E11" é dicir dende a cela A2 ata E11, e Criterio é B13 é dicir contará cantas veces aparece o contido de B13 (o cero) no conxunto de notas. Despois conta "os ceros" que ten a mostra, calculando así a frecuencia do cero.

Terá que quedar algo similar a isto

Agora só temos que preparar a fórmula, que acabamos de crear, para poder arrastrala, e que conte así a frecuencia de cada nota.

Para conseguilo usaremos o símbolo especial $. Tes que colocar un $ antes do A2 e tamén antes do E11 é dicir quedaranos:

CONTAR.SI($A2:$E11;B13)

Agora chega con arrastrar a fórmula:

Obterás algo así.

Agora a proba definitiva:

Sumamos as frecuencia e ten que dar 50 que é o número de datos. Sumar na folla de cálculo é moi doado, na cela onde queres que apareza a suma escribe "=SUMA(B14:L14)" ou ben fai clic no símbolo o resultado é o mesmo se estás na cela apropiada (M14).

Calculamos agora as frecuencias absolutas: faremos unha nova fila, Frecuencia Abs, e nela calculamos cada frecuencia dividida entre 50 que é o número de datos. Para iso xusto debaixo da frecuencia do cero escribimos =B14/$M14, a continuación darémoslle formato porcentaxe co menu do botón dereito formato de celdas e eleximos porcentaxe.

Para rematar imos representar as frecuencias calculadas.  Usamos o botón crear gráfico no menú do asistente para gráficos:

Primeiro seleccionamos as frecuencias e facemos click en

Agora o mesmo coas frecuencias relativas.

Así obtemos dous gráficos moi similares. Cámbialle a apariencia co menú que emerxe o facer doble clic sobre as barras do gráfico.

O produto final ten que ter unha apariencia similar a esta.

Última modificación: Mércores, 27 de Xullo de 2016, 21:43