Fakebook de compositores e compositoras

Nesta actividade crearemos un perfil de Fakebook, unha rede social fake, sobre un compositor ou compositora. Trátase de encher a información desa persoa, engadir comentarios, reaccións, etc como se fosen un perfil do seu momento.

Para isto seguiremos os seguintes pasos:

  1. ABRIMOS O FAKEBOOK
  2. Escribide o nome e apelido do compositor
  3. Engadimos foto de perfil do compositor ou compositora  e outra de Portada, pode ser que a páxina xa vos suxira algunha imaxe, comprobade que concorda co voso personaxe. 
  4. Na esquerda temos os datos do perfil, cumpreanos, lugar de nacemento, fillos, profesión, onde estudou, aficións...
  5. Engadimos os amigos, 8 como mínimo, terán que ser da mesma época do compositor elixido, despois faredes intervencións que teñen que ter certo sentido, 10 comentarios mínimo.
  6. Para poder facer modificacións hai que subir 5 entradas, e despois xa deixa.

Pódense engadir vídeos de YOUTUBE nas ENTRADAS, copiando a URL do vídeo no contido da mesma.

Tedes opción de poñer likes ou dislikes que veñan dos amigos.

IMPORTANTE: Para gardar o traballo tedes que picar na dereita en SAVE, pedirá que lle poñades unha contrasinal para poder acceder cando necesitedes e daravos unha URL. Gardade moooooi ben esa URL, é a que teredes que engadir nesta base de datos.

Exemplo: https://www.classtools.net/FB/1090-4PJk83