CADERNO DE TRABALLO. ¡ORGANIZÁNDONOS!

Neste caderno atoparás as instruccións para organizar o traballo na horta.

1. A ORGANIZACIÓN DAS LABORES NA HORTA


Agora que sabemos todo o que temos que facer chega o momento de organizar o traballo.

Temos que saber quen vai facer cada tarefa, e cando.


O mellor é que vos dividades en grupos e que cada grupo vaia pasando polas distintas tarefas.

Para isto necesitamos facer uha programación. Imos paso por paso como se fai.



1º ¿QUE HAI QUE FACER?

O primeiro paso é facer unha lista de todas as tarefas que hai que facer. Primeiro dun xeito desordenado. Despois hai que poñelas en orde, que hai que facer primeiro e que hai que facer despois.

Esta lista ten que estar moi ben feita para facilitar o noso traballo.




2º ¿QUEN VAI FACER CADA COUSA?

Agora que temos a lista de tarefas hai que distribuílas. O mellor é facer pequenos grupos responsables de cada cousa. É unha distribución do traballo.



3º ¿CANDO IMOS FACELO?

Precisamos ter claro en que momento hai que facer cada tarefa e canto tempo nos vai levar cada unha. Tamén ter en conta que algunhas non se poden empezar ata que outras estean rematadas.

Despois imos poñelo nun calendario. Así saberemos cando temos que empezar algo e temos unha previsión de cando debería estar rematado.




4º  A CARTA GANTT

Por último imos representar o QUE, o QUEN e o CANDO nunha gráfica. É o que se chama Carta Gantt. Imos imprimila e imos poñela nun lugar ben visible da clase para facer o seguimento do noso traballo.




5º A MEMORIA ECONÓMICA

Traballar na horta implica unha inversión de diñeiro. Hai que comprar algunhas cousas.

Temos que saber de cuanto diñeiro dispoñemos, é o que se chama un presuposto. Logo hai que facer unha lista dos materiais que temos e ver os prezos que teñen. En función do presuposto poderemos escoller que comprar e, se é posible, recorrer a materiais reciclados.




Unha vez feito todo isto ¡podemos comezar! Temos a nosa Carta Gantt que nos vai orientar sobre qué facer, cando facelo e quen o vai facer.