Tarefa sobre o álbum da ciencia

· Neste espazo poderedes subir a vosa tarefa sobre o álbum da ciencia elaborado polo Consello da cultura galega.

INDICACIÓNS DO TRABALLO.

Unha vez consultado o álbum da ciencia, deberedes entregar un traballo por parellas (ou individual) que consistirá nunha presentación (elaborada con pwp, impress ou similar) cos seguintes criterios:

1.- Tema: Unha científica ou científico galegos do século XVIII e, polo tanto, representantes da Ilustración e do método científico.

2.- Forma: A presentación contará cun máximo de 6 diapositivas (sen contar a portada), nas que unha se adicará a datos biográficos e outra (a última), aos recursos bibliográficos e electrónicos empregados.

* Lembra que, ao tratarse dunha presentación, debe traballarse fundamentalmente a imaxe e o aspecto visual da mesma. Como norma xeral non se poderán introducir máis de tres liñas de texto en cada diapositiva.

A presentación servirá de base para a exposición na aula da figura seleccionada, exposición que non excederá os 10 minutos.