CURRICULUM CICLO FORMATIVO CMM

 

  MAIS INFORMACIÓN EN: AULA VIRTUAL.

 

CICLO FORMATIVO DE GRADO MEDIO EN TÉCNICO EN MANTEMENTO E CONTROL DE MAQUINARIA DE BUQUES E EMBARCACIÓNS.

Estudos relativos a:

  • Preparar a planta propulsora do buque, máquinas e sistemas auxiliares para o arranque e funcionamento en condicións de seguridade, seguindo procedementos establecidos.
  • Controlar o funcionamento da planta propulsora do buque e dos motores auxiliares durante as manobras.
  • Exercer a responsabilidade como oficial de garda na máquina, tanto na mar coma en porto, dacordo cos Códigos do STCW y STCW-f.
  • Cumprir cos plans de mantemento preventivo das máquinas e equipos da planta propulsora.
  • Diagnosticar y reparar, ao seu nivel, as averías e disfuncións das máquinas e equipos da planta propulsora, cuberta e parque de pesca.
  • Verificar y manter os sistemas automáticos de regulación e control instalados no buque.
  • Manter operativos os sistemas eléctricos do buque.
  • Manter operativa a planta frigorífica e o sistema de climatización do buque.
  • Manter elementos de máquinas e da estructura do buque tanto a flote coma no astaleiro.
  • Facer frente as emerxencias marítimas a bordo activando os planes de emerxencia.
  • Asistir a enfermos e accidentados a bordo dacordo cos protocolos de actuación establecidos.

 

Plan de formación.Módulos:

  • Atención sanitaria a bordo.
  • Formación e orientación laboral.
  • Inglés.
  • Mantemento da planta propulsora e maquinaria auxiliar.
  • Mantemento das instalacións e máquinas eléctricas en buques e embarcacións.
  • Procedementos de mecanizado e soldadura en buques e embarcacións.
  • Empresa e iniciativa emprendedora.
  • Formación en centros de traballo.
  • Instalación e mantemento de maquinaria de frío e climatización en buques e embarcacións.
  • Procedementos de garda de máquinas.
  • Regulación e mantemento de automatismos en buques e embarcacións.
  • Seguridade marítima.

 

Traballar como:

  • Operario/a de reparación e mantemento de motores e grupos mecánicos.
  • Operario/a de reparación e mantemento de plantas enerxéticas de motor e vapor.
  • Xefe/a de máquinas (cas atribucións establecidas no R.D. 973/2009).
  • Oficial de máquinas ou primeiro/a oficial de máquinas (cas atribucións establecidas no R.D. 973/2009 e na Resolución 11260 del Ministerio de Fomento de 31 de mayo de 2010).
  • Oficial de máquinas e primeiro/a oficial de máquinas en buques de pesca (según se regula no R.D. 653/2005).
  • Electromecánico/a de mantemento e instalación de planta propulsora, máquinas e equipos auxiliares de embarcacións deportivas e de lecer.
  • Mecánico/a de motores e equipamentos de inxección (diésel e gasolina).
  • Mecánico/a de motores en maquinaria industrial.
  • Mecánico/a de motores e grupos mecánicos navais en astaleiros.
  • Mantedor/a de aire acondicionado e fluidos en embarcacións deportivas e de lecer.
  • Electricista naval.
  • Electricista de mantemento e reparación de motores, dinamos y transformadores.
  • Operario/a de instalación e mantemento de sistemas frigoríficos e de aire acondicionado.

 

Saídas profesionais:

  •  Exercer a sua actividade en buques dedicados ao transporte marítimo de carga e pasaxe, ou en buques pesqueiros, de natureza pública ou privada, todo elo dentro dos límites e atribucións que estableza a Administración competente.
  • Desempeñar funcións, por conta allea ou por conta propia en empresas dedicadas ao mantemento de embarcacións e plantas enerxéticas.