Mantemento e Control de Maquinaria de Buques e Embarcacións

Nivel: Formación Profesional de GRAO MEDIO

Duración: 2000 horas

Familia Profesional: Marítimo-Pesqueira

Referente europeo: CINE-3b (Clasificación Internacional Normalizada da Educación).

Módulos Profesionais deste Ciclo:

Código MP

Módulos de PRIMEIRO CURSO

Horas

MP0156

Inglés

160

MP1033

Atención Sanitaria a Bordo

53

MP1172

Mantemento da Planta Propulsora e Maquinaria Auxiliar

240

MP1173

Procedementos de Mecanizado e Soldadura en Buques e Embarcacións

240

MP1175

Mantemento das Instalacións e Máquinas Eléctricas en Buques e Embarcacións

160

MP1178

Formación e Orientación Laboral

107

Código MP

Módulos de SEGUNDO CURSO

Horas

MP1032

Seguridade Marítima

157

MP1174

Regulación e Mantemento de Automatismos en Buques e Embarcacións

175

MP1176

Instalación e Mantemento de Maquinaria de Frío e Climatización en Buques e Embarcacións

175

MP1177

Procedementos de Garda de Máquinas

70

MP1179

Empresa e Iniciativa Emprendedora

53

MP1180

Formación en Centros de Traballo

410

 

Que se aprende a facer?

A competencia xeral deste título consiste en operar e manter a planta propulsora e os equipamentos e os sistemas do buque, e colaborar na seguridade, na supervivencia e na asistencia sanitaria a bordo, aplicando criterios de calidade e cumprindo os plans de prevención de riscos laborais e ambientais da empresa.

 

En que ámbitos se traballa?

As persoas que obteñan este título exercerán a súa actividade en buques dedicados ao transporte marítimo de carga e pasaxe ou en buques pesqueiros de natureza pública ou privada, dentro dos límites e das atribucións que estableza a Administración competente. Así mesmo, a súa formación permítelles desempeñar funcións por conta allea ou por conta propia en empresas dedicadas ao mantemento de embarcacións e plantas enerxéticas.

 

Que ocupacións se desempeñan?

Operario/a de reparación e mantemento de motores e grupos mecánicos. Operario/a de reparación e mantemento de plantas enerxéticas de motor e vapor. Xefe/a de máquinas. Oficial de máquinas ou primeiro/a oficial de máquinas. Electromecánico/a de mantemento e instalación de planta propulsora, máquinas e equipamentos auxiliares de embarcacións deportivas e de recreo. Mecánico/a de motores e equipamentos de inxección (diésel e gasolina). Mecánico/a de motores de gasolina. Mecánico/a de motores diésel. Mecánico/a de motores en maquinaria industrial. Mecánico/a de motores e grupos mecánicos navais en estaleiros. Mantedor/ora de aire acondicionado e fluídos en embarcacións deportivas e de recreo. Electricista naval. Electricista de mantemento e reparación de motores, dínamos e transformadores. Operario/a de instalación e mantemento de sistemas frigoríficos e de aire acondicionado.

 

Que título se obtén?

  • Titulación Académica: Técnico en Mantemento e Control de Maquinaria de Buques e Embarcacións.
  • Titulación Profesional: Mecánico/a naval.

Consultalas atribucións e os requisitos de obtención.

 

A que outros estudos se pode acceder?

Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura.

 

Normativa

Currículo do Ciclo Formativo.

Real Decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, polo que se regulan os títulos profesionais do sector pesqueiro.