CURRICULUM CICLO FORMATIVO CMP

 MAIS INFORMACIÓN EN: AULA VIRTUAL.

 

 CICLO FORMATIVO DE GRADO MEDIO EN TÉCNICO EN NAVEGACIÓN E PESCA DE LITORAL.

Estudos relativos a:

  • Facer a planificación e os preparativos para rendir viaxe con eficacia e seguridade.
  • Manobrar o buque en zonas portuarias con seguridade para facer o viaxe planificado.
  • Controlar a derrota planificada e segura do buque.
  • Facer a garda asignada conforme os protocolos establecidos.
  • Manter comunicacións e obter a información necesaria por medio do sistema mundial de socorro e seguridade marítimos SMSSM / GMDSS, empregando o inglés marítimo nas situacións que o requiran.
  • Establecer a distribución e trincado de pesos a bordo para facer una navegación segura.
  • Facer frente ás emerxencias marítimas a bordo activando os planes de emerxencia.
  • Verificar e manter os equipos de pesca para realizar as capturas con seguridade e optimizar o rendemento.
  • Controlar e facer operacións de procesado das capturas no parque de pesca cumplindo a normativa hixiénico-sanitaria.
  • Controlar os parámetros de funcionamento, regulación e control dos equipos propulsores, equipos auxiliares e automatismos da embarcación para detectar posibles disfuncións.

 

 Plan de formación.Módulos:

  • Técnicas de navegación e comunicacións.
  • Procedementos de garda.
  • Pesca de litoral.
  • Despacho e administración do buque.
  • Inglés.
  • Seguridade marítima.
  • Atención sanitaria a bordo.
  • Instalacións e servizos.
  • Técnicas de manobra.
  • Estabilidade, trimaxe e estiba do buque.
  • Formación e orientación laboral.
  • Empresa e iniciativa emprendedora.
  • Formación en centros de traballo.

 

 Traballar como:

  • Patrón dedicado ao transporte marítimo de mercadorías e/ou pasaxe, servizos de practicaxe, seguridade, salvamento marítimo, mergullo e investigación.
  • Patrón/a, primeiro/a oficial e oficial de ponte en buques mercantes, pesqueiros e buques de pasaxe, coas atribucións establecidas para o/a patrón/oa de litoral.
  • Patrón/a costeiro/a polivalente.
  • Patrón local de pesca.
  • Mariñeiro/a de Ponte.
  • Mariñeiro/a pescador.
  • Inspector/a de flota.
  • Supervisor/a de montaxe e armaxe de artes e aparellos de pesca.
  • Operario/a de envasamento e empaquetaxe.
  • Operador/a ou controlador/a de liña de envasamento.
  • Trabajador/a na preparación de peixe para conservas.
  • Elaborador/a de productos da pesca e derivados, de conservas de peixe e de semiconservas.
  • Elaborador/a de conxelados e ultraconxelados.

 

Saídas profesionais :

  •  Exercer a sua actividade tanto por conta propia coma por conta allea, en buques de pesca e en buques mercantes, xa sean de natureza pública ou privada, cos límites e as atribucións que estableza a Administración competente.