Navegación e Pesca de Litoral

Nivel: Formación Profesional de GRAO MEDIO

Duración: 2000 horas

Familia Profesional: Marítimo-Pesqueira

Referente europeo: CINE-3b (Clasificación Internacional Normalizada da Educación).

Módulos Profesionais deste Ciclo:

Código MP

Módulos de PRIMEIRO CURSO

Horas

MP1027

Técnicas de Navegación e Comunicacións

213

MP1030

Despacho e Administración do Buque

107

MP1033

Atención Sanitaria a Bordo

53

MP1035

Técnicas de Manobra

160

MP1036

Estabilidade, Trimaxe e Estiba do Buque

160

MP1037

Formación e Orientación Laboral

107

MP0156

Inglés

160

Código MP

Módulos de SEGUNDO CURSO

Horas

MP1029

Pesca de Litoral

210

MP1028

Procedementos de Garda

105

MP1032

Seguridade Marítima

157

MP1034

Instalacións e Servizos

105

MP1038

Empresa e Iniciativa Emprendedora

53

MP1039

Formación en Centros de Traballo

410

 

Que se aprende a facer?

A competencia xeral deste título consiste en organizar, xestionar e executar as actividades de buques, cuxas características e límites xeográficos determinen as administración competentes para este nivel, dirixindo e controlando a navegación, así como a extracción, a manipulación e a conservación da pesca, respectando as condicións de seguridade e consonte a normativa.

 

En que ámbitos se traballa?

As persoas que obteñan este título exercerán a súa actividade, tanto por conta propia como por conta allea, en buques de pesca e en buques mercantes, de natureza pública ou privada, cos límites e as atribucións que estableza a Administración competente.

 

Que ocupacións se desempeñan?

Patrón/patroa dedicado/a ao transporte marítimo de mercadorías e/ou pasaxe, servizos de practicaxe, seguridade, salvamento marítimo, mergullo e investigación, entre outras actividades. Patrón/patroa, primeiro/a oficial e oficial de ponte en buques mercantes e buques de pasaxe. Patrón/patroa costeiro/a polivalente. Patrón/patroa local de pesca. Mariñeiro/a de ponte. Mariñeiro/a pescador/ora. Patrón/patroa ao mando de buques de pesca ou mercantes, e primeiro/a oficial de ponte ou oficial de ponte en buques pesqueiros ou mercantes. Inspector/ora de flota. Supervisor/ora de montaxe e armaxe de artes e aparellos de pesca. Manipulador/ora ou operario/a de elaboración. Operario/a de envasamento e empaquetaxe. Operador/ora ou controlador/ora de liña de envasamento. Traballador/ora na preparación de peixe para conservas. Especialista en tratamentos de frío. Elaborador/ora de produtos da pesca e derivados, de conservas de peixe e de semiconservas. Elaborador/ora de conxelados e ultraconxelados. Limpador/ora preparador/ora de peixes para conservas.

 

Que título se obtén?

  • Titulación Académica: Técnico en Navegación e Pesca de Litoral.
  • Titulación Profesional: Patrón/Patroa de Litoral

Consultalas atribucións e os requisitos de obtención

 

A que outros estudos se pode acceder?

Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura.

 

Normativa

Currículo do Ciclo Formativo.

Real Decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, polo que se regulan os títulos profesionais do sector pesqueiro.