Patrón/Patroa de Litoral

 

ATRIBUCIÓNS

  • Exercer como oficial ou primeiro oficial en buques de pesca de eslora non superior a 50 metros.
  • Exercer como capitán ou patrón en buques de pesca de eslora non superior a trinta metros, dentro da zona comprendida os paralelos 52º N e 10º N e os meridianos 32º O e 30º E; sempre que cumprise un período de embarque non inferior a 12 meses como oficial encargado da garda de navegación ou patrón en buques pesqueiros de eslora non inferior a 12 metros.

 

REQUISITOS

  • Cumprir 18 anos.
  • Dispoñer dun impreso oficial, expedido por un Centro de Recoñecemento de Condutores (CRC), no que se certifique a aptitude psicofísica de acordo cos requisitos esixidos para a expedición do permiso ordinario de conducir. O anterior impreso non será necesario se o interesado dispón do certificado médico contemplado no artigo 13 do presente real decreto.
  • Estar en posesión do título académico de Técnico en Navegación e Pesca de Litoral, establecido no Real Decreto 1144/2012, do 27 de xullo, polo que se establece o título de Técnico en Navegación e Pesca de Litoral e fíxanse os seus ensinos mínimos; para cuxa obtención é necesario aprobar un exame ou exames, que inclúan os coñecementos mínimos requiridos no apéndice da Regra II/1 do anexo ao Convenio STCW- F.
  • Prestar servizo na sección ponte de buques pesqueiros de eslora non inferior a 12 metros durante un período de embarque de polo menos dous anos, dos cales polo menos 6 meses deberán ser realizados con posterioridade á celebración do exame citado no parágrafo anterior. Este período de embarque poderá ser substituído por outro de duración non inferior a 12 meses, como alumno ou mariñeiro, realizando polo menos 6 meses en actividades da garda de navegación, como parte dun programa de formación conforme aos requisitos da sección A-II/1 do Código STCW; sempre que este feito conste nun libro de rexistro da formación aprobado de acordo co Convenio de Formación, 1978.

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, poderá permitir a substitución dos períodos de embarco citados no parágrafo anterior, por un período de formación especial non superior a un ano, a condición de que o programa de formación especial sexa como mínimo dun valor equivalente ao do período de embarco esixido ao que substitúe. A concreción da devandita formación realizarase mediante a oportuna consulta ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.