Mariñeiro/a pescador/a
O Título profesional de mariñeiro/a pescador/a facultará a exercer de tripulante subalterno para calquera servizo en buques dedicados á pesca ou auxiliar de acuicultura.
Así mesmo, facultará para manexar con fins comerciais embarcacións de menos de 10 metros de eslora, dedicadas á pesca ou auxiliar de acuicultura, que operen exclusivamente dentro de augas interiores de portos e teñan unha potencia adecuada á embarcación, e sempre que non transporten pasaxeiros.
Para exercer o mando deberá realizar un período de embarque non inferior a 6 meses, como tripulante subalterno en buques de pesca ou auxiliar de acuicultura, desde a data de expedición da Tarxeta Profesional de Mariñeiro Pescador.
A Tarxeta Profesional de Mariñeiro Pescador terá validez ata que o seu titular cumpra a idade de cincuenta anos. A partir desa data, será necesaria a súa renovación cada cinco anos, a expedir pola comunidade autónoma, acreditándose na solicitude de renovación polo interesado a vixencia do recoñecemento médico previo ao embarque realizado polo Instituto Social da Mariña.
O curso de Mariñeiro Pescador é unha preparación para un exame oficial e só se poderá presentar ao exame final o alumnado que asistiu con regularidade ás clases e non superou ou 10% dás faltas correspondentes á carga lectiva do curso.
O alumnado que suspenda o exame disporá dunha nova convocatoria de exame, logo dá autorización do Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-Pesqueiras.
Requisitos para a obtención da titulación:
-
Cumprir 16 anos de idade.
-
Certificado expedido polo centro docente de superar satisfactoriamente o curso de Mariñeiro Pescador ou de superar unha proba de aptitude sobre os coñecementos teórico-prácticos.
-
Ter en vigor o recoñecemento médico realizado polo Instituto Social da Mariña conforme á regra I/9 do anexo do Convenio STCW e a sección A-I/9 do código STCW, no momento da solicitude do título. O anterior certificado non será necesario se o interesado xa dispón dun certificado médico de aptitude para o embarque, en vigor, expedido polo Instituto Social da Mariña.
Mariñeiro pescador_castellano.pdf
Condicións de acceso a os Cursos Mariñeiro/a Pescador/a (MP)
Prazas 20
Mínimo para realizar o curso 12
-
Solicitude Modelo (PE 607C).
-
ORDEN de 31 de xullo de 2014. Artigo 4.
-
Haber cumprido os dezaseis anos de idade.
-
Declaración responsable deposuír aptitude para realizar unha proba de natación previa a realización do exame de coñecementos teórico-prácticos.
-
Aportar documentación. Acreditar unha formación mínima de nivel 1 o equivalente en lecto- escritura o declaración de lecto-escritura.
-
Xustificante do pago taxas por importe de 19,37€ (código 30.19.00, valido no 2024).
-
ASISTENCIA AO CURSO
A asistencia ao curso por parte do alumnado matriculado será obrigatoria.
Cando o incumprimento da asistencia supere o 10% das horas lectivas do curso será motivo de baixa no dito curso, así como a baixa no dereito a participar no exame correspondente.
EXAME
Para a obtención do certificado de aptitude será preciso superar o exame correspondente ante un tribunal.
Só se poderá presentar ao exame final o alumnado que asistiu con regularidade ás clases e non superou o 10% das faltas correspondentes á carga lectiva do curso.
O alumnado que suspenda o exame disporá dunha nova convocatoria de exame, logo da autorización do Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-Pesqueiras.
PROGRAMA: MÓDULOS FORMATIVOS E TEMPORALIZACIÓN SOBRE OS COÑECEMENTOS TEÓRICO-PRÁCTICOS
Módulo formativo 1. A embarcación de pesca (16 horas).
Módulo formativo 2. O Regulamento internacional para previr as abordaxes no mar (8 horas).
Módulo formativo 3. A práctica dunha pesca responsable (6 horas).
Módulo formativo 4. Manipulación e conservación dos produtos da pesca (5 horas).
Prácticas (15 horas).
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
O exame consistirá nunha proba tipo test de 30 preguntas con 3 posibles respostas.
A composición do exame tipo test será a seguinte:
- 10 preguntas correspondentes ao módulo 1.
- 10 preguntas correspondentes ao módulo 2.
- 5 preguntas correspondentes ao módulo 3.
- 5 preguntas correspondentes ao módulo 4.
Para aprobar o exame será necesario contestar axeitadamente 20 das 30 preguntas. Soamente se admitirán 5 fallos nas preguntas correspondentes ao módulo 2. Ademais, deberá superar un exame práctico que consistirá na realización e utilidade de cinco nós, para superar a proba práctica será necesario realizar e demostrar a utilidade de polo menos 3 nós.
Nota informativa: Os nós que se solicitan na proba práctica, son os que aparecen no manual de mariñeiro pescador de galicia.
CURSO MARIÑEIRO PESCADOR/A ON LINE
-
Nos cursos de Mariñeiro/a Pescador/a modalidade ONLINE, o exame e a proba de natación, realizaranse de maneira presencial. A data e a hora do exame será publicada na plataforma de formación da Consellería do Mar. (A partir de 10 días dende a publicación na web da Consellería do Mar dos alumnos que poden acceder o exame.
-
Solicitude de prematricula e Datas de pre-matrícula: É imprescindible que o alumno estea rexistrado antes de realizar ningún trámite. Non se aceptará a pre-inscrición dun participante en máis dun centro. Si se detecta que un participante incorre neste aspecto, anularase a súa inscrición.
-
Datas de matrícula: 10 días naturais a partir do día seguinte que se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas no curso no portal web de formación da Consellería do Mar.
-
A relación das persoas admitidas será a establecida en función da hora e do día da pre-matrícula.
-
Datas do 1º curso: Publicarase na páxina web da Consellería do Mar
-
Número de prazas: 60
-
Crearase unha listaxe de reserva por rigorosa orde de prematrícula, a partir da última persoa admitida no curso. Esta listaxe poderá empregarse no caso de producirse baixas na matrícula do curso.
NORMATIVA