Complementarias
Visita da AGXPT
A Asociación galega do xogo popular e tradicional vén compartir connosco os seus xogas no mes de abril. O noso alumnado tamén lles ha de ofrecer mostras dos seus xogos tradicionais.
Pase da curtametraxe Dairas
Na primavera é posible que nos visite o Taller de Creación artística do IES Manuel García Barros para mostrarnos a súa curtametraxe Dairas.
A AGXPT visítanos en abril
A Asociación galega do xogo popular e tradicional vén compartir connosco os seus xogos no mes de abril. O noso alumnado tamén participará con mostras dos deles.
Membros da asociación acompañados de alumnado do IES de Melide compartirán unha mañá connosco no EPAPU de Teixeiro.
Visítanos o escritor Fernando Marías
O vindeiro 1 de marzo temos a honra de recibir entre nós ao escritor Fernando Marías. Como sempre que nos visita alguén, o noso alumnado está moi ilusionado, e especialmente neste caso no que terán a oportunidade de interactuar co escritor e facerlle preguntas a propósito da súa obra.
CONCURSO POLÍTICA LINGÜÍSTICA LETRAS GALEGAS 2012
Profesorado e Alumnado colaboran por segundo ano consecutivo.
Tras crear quince carteis o curso pasado para homenaxear a Lois Pereiro este ano estamos a elaborar dez, que son os que se piden desde política lingüística para a homenaxe a Valentín Paz Andrade, ademais dunha guía multidisciplinar.
FESTA DE INVERNO
A escola vístese de festa e tras decorar os pasillos coas postais que se fixeron nas aulas a semana pasada, pasamos unha mañá distendida con algo de comer e de beber e música. Un pequeno esforzo para tratar de conseguir un pouco de ledicia para un alumnado que o pasa bastante mal durante estas datas sinaladas para moitos. Desexamos que o próximo ano 2012 sexa mellor para tod@s.
DÍA DO LIBRO
Celebraremos unha maratón de lectura en distintas linguas na biblioteca do centro.
SEMANA DA PRENSA
Aproveitaremos nesta semana para seguir a traballar coa Voz na Escola e outras actividades que terán lugar nas aulas e na biblioteca do centro. Xa recibimos este curso a visita da TVG e traballamos o texto xornalísitico nos distintos niveis.
DÍA DA SAÚDE/ EXPOSICIÓN OBRÍM UNA FINESTRA AL MÓN
Aproveitamos a chegada da exposición do gañador do III Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento, Obrím una finestra al món, para conmemorar ao mesmo tempo o Día da Saúde.