Linguas estranxeiras

Lingua estranxeiras no EPAPU de Teixeiro

É frecuente escoitar numerosas linguas estranxeiras nos corredores do noso centro, mais todo o alumnado ten a posibilidade de aprender inglés se pertence ao ensino reglado; é dicir, todos agás os alumnos/as de castelán/galego para inmigrantes.

Nos niveis iniciais temos un mestre especialista en lingua inglesa e un profesor para o alumnado de secundaria e bacharelato.

O alumnado de bacharelato ten a posibilidade de matricularse en lingua portuguesa que imparte o profesor de lingua galega.

Powered by Drupal - Design by artinet