Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

Complementarias

Obradoiro sobre escritura medieval

O Xoves 28 de Outubro, o alumnado de terceiro de ESA da quenda de mañá participou nun obradoiro de escritura medieval organizado pola súa profesora de Lingua Castelá e que se levou a cabo nas novas instalacións da biblioteca no segundo andar da nosa escola.

                                  

 

Alumnas e alumnos desfrutaron moito das actividades prácticas do taller que se prolongaron durante caseque dúas horas.

 

                                  

 

Saída didáctica do alumnado de 4º ESA

O pasado 27 de Outubro, o alumnado de 4º da ESA da quenda de mañá visitou varios lugares de interese da cidade acompañados das profesoras dos departamentos de Ciencias Sociais, Lingua Castelá e Lingua Galega; ademáis, contaron coas explicacións de Marcos Pardos, guía da parte histórica.

                                                                                           

 

O obxectivo era conmemorar o día das bibliotecas e, para elo, fíxose un percorrido guiado polos monumentos da cidade obra do arquitecto modernista Daniel Vázquez-Gulías, que deixou unha fonda pegada en Ourense. Tamén se visitou a biblioteca pública "Nós" así como o claustro e o cemiterio de San Francisco no que están soterradas figuras ilustres das nosas letras com Otero Pedrayo ou Blanco Amor.

 

                                          

 

Equipo de Normalización.

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut