Organización do entroido 2024
ENTROIDO
Queridas familias:
Como tódolos anos, celebramos o noso Entroido na escola de Novás. Debido o mal tempo aprázase ao vindeiro venres 16 de Febreiro.
Este venres 9 de febreiro faremos a festa nas nosas aulas, poderán vir disfrazados como queiran.
Ao longo da semana imos enviar as Ordes do Meco, e as teredes tamén en cada escola.
Venres 16 de Febreiro en Novás:
Os alumnos/as virán disfrazados xa da casa, (co disfrace correspondente da súa aula).
A hora de chegada será as 9:00h na escola de Novás.
Excepto as aulas de Fornelos e Pías, que saen das súas aulas. (As titoras xa especificarán as familias como deben facer).
As familias podedes asistir a partir das 11.00h para ver o desfile na pista de Novás.
Para non perder o costume, compartiremos unha merenda especial típica destas datas (orellas, filloas, empanada…) que distribuiremos por escolas. A debedes deixar en Novás á hora da chegada. E será preciso que toda a comida xa veña cortada.
A distribución de alimentos por escolas é a seguinte:
Bebidas (zumes e auga): Novás.
Alimentos salgados cortados: Couso, Marzán, Pías Infantil e Primaria.
Alimentos doces cortados: Paradela, Fornelos Primaria e Infantil.
A hora da merenda para o alumnado será as 12:00h. A partir das 12:30h compartiremos a merenda coas familias. Vos pedimos que respectedes os horarios para que o alumnado poida gozar cos seus compañeiros.
Entre as 13:30 e as 14:00h, as familias recollerán aos seus fillos e fillas previo aviso ás titoras.
A ANPA vai abrir a cantina para a vosa disposición e montarán un mercado.
Dende o CRA vos invitamos a que colaboredes e participedes. Moitas grazas e
Feliz entroido!
Podes descargar a organización premendo no seguinte enlace
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ENTROIDO-FAMILIAS.pdf | 249.44 KB |