Skip to Content

GALENOVAS

 

BENVIDOS AO NOVO CURSO 

AS LETRAS GALEGAS

O próximo 17 de Maio estamos de festa das nosas LETRAS! Celebramos o día das LETRAS GALEGAS!!Este ano cunha muller, XELA ARIAS! A quinta muller á que se dedica este día tan especial para a nosa literatura desde que se conmemora este día!!

                                                       

 Xela Arias Castaño (1962 Sarria- 2003 Vigo) foi poeta, tradutora e profesora de Lingua Castelá e Literatura en diferentes institutos galegos. Traballou no Departamento de Creación e Investigación de Edicións Xerais de Galicia. e, como mestra entre outros no IES A SANGRIÑA de A Guarda!

Fixo traducións ao galego de obras como "Drácula" de Bram Stoker, "As bruxas" de Roald Dahl, "O gato Gaiado e a andoriña Señá: unha historia de amor" de Jorge Amado, "Contos ao teléfono" de Gianni Rodari, entre outros autores. 

Tamén é autora de moitas publicacións entre elas unha das mais coñecidas é "Darío a Diario" ou "Tigres coma cabalos"

                                                            

 Desde os 11 anos xa destacou nas letras gañando o primeiro premio VI Concurso de Contos Infantís O Facho, da Coruña, co conto titulado

      "A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia"

                                          

 

XA TEMOS LISTO O CALENDARIO 2021!!!

O BUFO FICH PRESÉNTANOS "AS EMOCIÓNS"

 

A TRAVÉS DO ARTE

 

 

Con motivo desta situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19, dende o CRA e o Equipo de Dinamización estamos colgando multitud e variedades de propostas e tarefas (na Presentación da web enlazadas todas elas). 

 

Xa temos aquí a nova edición da "REVISTA ESCOLAR O BUFO FICH" (preme aquí para vela

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!

 

Nesta páxina colgaremos todo tipo de novas e material relacionados co fomento e o emprego da lingua galega, a través dos seguintes enlaces ou páxinas de interese:

- 200 cantigas populares galegas: exercicios da lingua, exercicios de pasatempos, cantigas...

- Enlace TVG: vídeos de debuxos animados e mais en galego.

- Música infantil: aquí temos un enlace con canción e vídeos en galego para os nenos/as de infanil.

Galgo 2.0: nova versión do corrector lingüístico e ortográfico da lingua galega.

Aulas galegas

- Música infantil: listaxe de cancións da Radio Picaraña.

- Vídeos musicais: listaxe de vídeos musicais de Kalandraka TV.

- Editorial Kalandraka: páxina oficial de dita editarial con novidades de libros, proxectos...

- Sonárbore: listaxe de vídeos musicais en galego da editorial galaxia.

- Orella pendella: con esta páxina dende o EDLG do cra queremos difundir a literatura popular infantil de Galicia, e que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer.

 

 PROPOSTAS DE ACTIVIDADES

 - Semana das LETRAS GALEGAS: Ao longo da vindeira semana (do 11 ao 15 de maio) traballaremos e conmemoraremos o "Día das letras galegas 2020", a través de diferentes recursos, documentos... e coñeceremos ao escritor destacado para as mesmas "Ricardo Carballo Calero". A continuación mostraremos algúns enlaces previos:

              -As pitas baixo a choiva (3 anos)

              - As pitas baixo a c hoiva (4 anos)

                  - As pitas baixo a choiva (5 anos)

 

 E, agora si despois desta semana vos mostraremos os resultados do traballo realizado polo alumnado do CRA e a nosa pequena homenaxe a Ricardo Carballo Calero

                                                                                 

 

  • Homenaxe do CRA e do CPI Manuel Suárez Marquier a Ricardo Carballo Calero

                                  

 

Os 23 RETOS CRAOLÍMPICOS: Esta proposta nace da nosa mascota o "BUFO FICH", xa que está moi orgulloso de cada un de vós durante este confinamento!! Así, como sabe que sodes uns fantásticos deportistas e vos gustan os RETOS; vos trae ao longo destas semanas diferentes propostas para divertirnos xuntos pero estando todos na casa!!         

                                                                           

 

- 24 de febreiro, "DÍA DE ROSALÍA": deixamos o enlace das obras de arte elaboradas polo profesorado e alumnado do CRA Mª Zambrano, da Escola infantil da Galiña Azul e do CPI Manuel Suárez Marquier que están expostas no Concello, nos comercios e no mural do pavillón  municipal. 

 

Chega o ENTROIDO as nosas "CRAOLIMPIADAS"..., polo que o noso "Meco deportista" xa está listo para darnos ás ordes

 

                                        

Continuando coas nosas GALENOVAS, centraremos un apartado adicado ao "Día Escolar da non Violencia e da Paz", e recordar por medio de vídeos e cancións a importancia do traballo diaria de valores que traten e afiancen este aspecto. Ahí van os enlaces:

- Campás pola paz: vídeo para o día da paz en galego, co pictogramas e estribillo en LSE.

- De que che vale: canción de Jesús Pareja.

- O mundo é grande: canción de MamáCabra en galego para a celebración deste día. 

- Baile da paz MamáCabra: canción de paz con pictogramas en galego.

- A bruxa discordia: canción "Baile da Paz" do libro cd "A Bruxa Discordia".

- Rumba das apertas

- Apertas de paz: vídeo de apertas no colexio. 

- Apertas que Voan: canción do disco-libro de Paco Nogueiras de "Brinca Vai!"



page | by Dr. Radut