Skip to Content

Concurso fotográfico "Deporte en familia..." - Xaneiro e Febreiro 2017

09/01/2017 00:00
23/02/2017 13:00

O concurso fotográfico “Deporte en familia…” está aberto á participación das alumnas e alumnos matriculados no CRA María Zambrano de O Rosal, permitíndose a colaboración dalgún familiar ou adulto na realización desta fotografía.
Cada participante pode mandar ata dúas fotografías orixinais e inéditas, realizadas con técnica libre e aparecendo, en calquera caso, na fotografía.

Establécense tres categorías diferentes: á fotografía máis orixinal, á máis artística e á máis divertida.
O tema do concurso é a imaxe dunha alumna ou alumno deste CRA facendo algún tipo de deporte e acompañado por un ou máis familiares (pode ser tanto exterior coma interior).

O prazo de admisión de traballos comeza o 9 de xaneiro de 2017 e remata o 3 de febreiro de 2017. A decisión sobre as fotografías gañadoras ten como prazo máximo o 17 de febreiro de 2017. O anuncio público e entrega de premios é o día 23 de febreiro do 2017, como parte das actividades do día da Festa de Entroido do CRA María Zambrano.

O xurado está composto por catro persoas: un representante do equipo docente do CRA María Zambrano, un representante da ANPA, un representante do Concello de O Rosal e un profesional relacionado coa fotografía.

En canto aos premios, todos os concursantes reciben un diploma de participación e un agasallo. Os concursantes que presentan as tres fotografías gañadoras reciben, ademais, un diploma que así o acredita e outro agasallo.

Poden consultarse as bases nos carteis informativos expostos en cada aula, nos dípticos impresos repartidos ás familias e no álbum de imaxes deste artigo.

A participación foi moi numerosa cun total de 56 fotografías de 36 participantes (1 participante de Couso, 13 de Fornelos, 0 de Marzán, 5 de Novás, 12 de Pías e 5 de Tabagón).

 

As fotografías gañadoras foron:

- na categoría da máis orixinal "Nadando entre ¿tiburóns?", de Íker Alonso Alonso (5 anos, Fornelos);

- na categoría da máis artística "Na cima do mundo", de Sergio García Gómez (5 anos, Fornelos);

- na categoría da máis divertida "Pesca deportiva II", de Nerea Villa Martínez (5 anos, Tabagón).

 

Grazas a todas e todos pola colaboración e polas fotografías tan xeniais que fixestes.

 



actividade | by Dr. Radut