Eventos
Dom | ||
---|---|---|
Comezo:03/03/2019 09:00
Final:03/03/2019 14:01
Por cuarto ano consecutivo, no noso CRA levamos a cabo o concurso fotográfico para o alumnado e as familias. Neste curso, na súa cuarta edición, a temática é sobre os nosos montes, polo que o alumnado poderá desfrutar dos mesmos e inmortalizar os momentos. Os gañadores e gañadoras das diferentes categorías son: - DIVERTIDA: Os irmáns Iker e Aitor Alonso, da escola de Fornelos, pola súa foto "Tocando as follas" - ORIXINAL: As irmáns Clara e Alba Gómez, da escola de Pías, pola súa foto "Coidando do noso entorno no Lago Bostelo" - ARTÍSTICA: As amigas Vera Rivero e Aroa Pereira, da escola de Novás, pola súa foto "Tendendo pontes á natureza". Podedes ver tódalas fotos participantes expostas na biblioteca do CRA. |