Skip to Content

Contratos Programa

Coñecemos o colexio da Mata - Maio 2019

23/05/2019 09:00
23/05/2019 14:00

Os alumnos e alumnas do CRA que o vindeiro curso irán ó colexio da Mata tiveron a oportunidade de visitalo e coñecer as diferentes aulas, mestres e mestras e formas de traballar. Ademáis tamén poideron compartir xogos e actividades cos que van ser os seus futuros compañeiros.

Visita dos alumnos do colexio San Xerome Emiliani - Maio 2019

16/05/2019 09:00
16/05/2019 14:00

As aulas de primaria do noso CRA recibiron a visita dos alumnos e alumnas do colexio San Xerome. Aproveitando a visita presentámonos e organizamos actividades e xogos diferentes coas que o alumnado interactuou e desfrutou da mañan. Ademáis Pablo, alumno do San Xerome, ensinou a súa obra e o resto de nenos e nenas fixeron preguntas sobre a mesma.

 

Día do Libro en Pías - Maio 2019

03/05/2019 09:00
03/05/2019 14:00

O pasado 3 de Maio todo o alumnado do CRA desprazouse a Pías para celebrar o Día do Libro. Para elo organizamos diferentes recunchos por todo o colexio:

- Recuncho de Braille. O alumnado elaborou o seu nome en Braille con diferentes materiais tactiles.

- Recuncho de reciclaxe: O alumnado experimentou as técnicas básicas do reciclado de papel. Ademais tamén decoraron a súa propia mochila de tea para concienciar sobre a importancia da eliminación doutros materiais contaminantes.

- Recuncho ExpresArte. O alumnado creaba unha lámina usando moitas cores, despois cubríaa de negro e por último rasgaba para facer un debuxo multicor.

- Recuncho STEAM. O alumnado tivo que darlle á cabeciña para buscar solucións a diferentes retos que se lle propoñían.

- Recuncho de xogos manipulativos. O alumnado experimentou con diferentes xogos de procesos cognitivos, lóxica, linguaxe...

- Recuncho de igualdade e robótica. A través da curtametraxe sobre igualdade "Purl", o alumnado traballou o contido da mesma a través de diferentes taboleiros para os Escornabots e Ozobot.

Actividades con Escornabots - Abril 2019

10/04/2019 13:44
10/04/2019 13:44

Nas aulas do noso CRA contamos con un novo amigo, en cada unha haberá un escornabot cos que faremos diferentes actividades ó longo do curso. Ademais, na biblioteca tamén haberá un, para que o alumnado que a visite poida xogar e aprender con el.

Matemáticas bailadas - Marzo 2019

26/02/2019 09:00
26/03/2019 14:00

Neste curso, como o pasado, os nenos e nenas de primaria das escolas de Novás e Fornelos levaron a cabo unhas sesións de matemáticas danzadas onde poideron aprender e traballar diferentes conceptos á vez que se divertían e bailaban.

Celebración Día da Paz - Xaneiro 2019

30/01/2019 09:00
30/01/2019 14:00

O pasado 30 de Xaneiro os nenos e nenas do CRA celebramos o Día da Paz. Para elo, cada titor e titora na súa aula levou a cabo diferentes actividades relacionadas coa Paz, ademais de aprender e bailar a canción "Marea de gente" de Macaco.

 

Actividade de psicorobótica - Xaneiro 2019

08/01/2019 09:00
25/01/2019 14:00

En tódalas aulas do CRA fixemos unha actividade de psicorobótica na que traballamos a psicomotricidade por medio da robótica cun robot chamado "Movi" que dipón de varios xogos para que as nenas e os nenos se movan e se divirtan. Algúns destes xogos son:

- "O semáforo", no que Movi ordena moverse coa luz verde e parar coa vermella.

- "Os animais". Movidice o abecedario parando nalgunhas letras e imitando a diferentes animais.

- "Movi dice" e "paso a paso", no que o robot da diferentes ordes ós nenos como: da un salto, toca os xeonllos, tres pasos atras, un xiro...

Esta actividade está dentro da área de Educación física.

Obradoiros de compostaxe - Decembro 2018

01/12/2018 09:00

O noso CRA adheriuse este curso escolar ó PROGRAMA EDUCATIVO REVITALIZA, “Apúntate á compostaxe” promovido pola Deputación de Pontevedra. Pareceunos unha actividade moi importante para concienciar ao noso alumnado e profesorado sobre un dos problemas ambientais aos que diariamente nos temos que enfrontar. Neste programa estanse a desenvolver actividades encamiñadas ao alumnado e profesorado do centro como son: xornadas profesorado, xogo sobre residuos, compostaxe infantil, poñendo en marcha os composteiros, a actividade "Quen vive aí?" e a exposición na biblioteca do centro todo o mes de Decembro.

Día Internacional contra a violencia de xénero - Novembro 2018

25/11/2018 00:00
25/11/2018 23:59

O día 25 de Novembro foi o Día Internacional contra a violencia de xénero e as diferentes escolas do CRA tamén celebraron este día. Dende o equipo de biblioteca propúxeronse diferentes actividades a partir do conto de "Arturo e Clementina" que as nenas e nenos levaron a cabo nas aulas.

Obradoiro de igualdade - Novembro 2018

23/11/2018 09:00
23/11/2018 14:00

 

Na aula de primaria de Fornelos recibimos a visita de Angelina, que veu a nosa aula para falar de diversas situacións da nosa vida e da muller. 

Foi unha charla moi entretida onde os nenos e nenas reflexionaron e aprenderon moitas cousas.


Distribuir contido


by Dr. Radut