O vindeiro Mércores 24 de Outubro os alumnos e alumnas do CRA visitarán a biblioteca municipal onde gozarán coas historias da contacontos Ana Lisistrata. Debido a que na biblioteca a que non collen todos os alumnos e alumnas do colexio irán en dúas roldas: ás 10:00 irán os colexios de Tabagón, Pías Couso G, e ás 11:30 irán os colexios de Fornelos, Novás e Couso H.
Chegou o día e pasámolo moi ben!! Un autobús foi recollendo os nenos e nenas polas escolas para levalos á biblioteca municipal, menos na escola de Couso que foron andando. Unha vez alí, no primer turno entramos dentro da biblioteca a escoitar os contos, mentres que no segundo turno aproveitaron que facía un dia moi bo e escoitaron os contos ó aire libre.