7. Artigos Recentes do Blog

Trátase que dun xeito sinxelo os usuarios poidan ver nun bloque unha lista cos artigos recentes do blog.

Podedes ver un exemplo nesta imaxe.

bloque artigos recentes

Se o administrador o considera oportuno no rol de autores de blog lles pode asignar permisos para administrar as orixes de novas de xeito que eles mesmos poderán crear o seu bloque de artigos recentes sen precisar a intervención do administrador.

Noutro caso terá que ser o administrador quen cree este bloque para cada Blog.

En calquera caso hai uns requisitos previos para que isto funcione que o administrador debe revisar: deben estar activados e configurados os módulos Site Map e Agreggator (vexa mais adiante como facelo)


Requisitos

  • Ter activado e configurado o módulo Mapa do Sitio (ver Activar Mapa do Sitio). Deben estar publicados os Blogs no Mapa do Sitio

  • Ter activado o módulo Agregator


Funcionamento

  • Os usuarios van publicando artigos nos seus blogs.
  • A lista dos últimos artigos publicados en cada Blog actualizase no bloque ao executar o CRON na páxina do centro o que produce a actualización automáitca das orixes RSS.

Executar o CRON (indexación de contidos) é moi sinxelo, simplemente deberemos executar premendo en “Lanzar CRON” no bloque denominado “CRON”.


Creación e Configuración do bloque

Pasos a seguir:
  1. Obtemos o enlace emisor RSS do Blog que nos interese

  2. Sindicación RSS ao Blog

  3. Publicación do bloque cos últimos artigos RSS


Paso 1: Obter o enlace emisor RSS do Blog

Acedemos ao Mapa do Sitio

aceso mapa do sitio

Co botón dereito do rato enriba do símbolo RSS que hai á dereita do Blog ao que queramos sindicarnos prememos en “Copiar ruta do enlace” (non confundir con “copiar a ruta da imaxe”)

copiar localización da ligazón


Paso 2: Sindicación RSS ao Blog

Ruta: dende o bloque de Navegación -> Agregador de novas -> Engadir orixe

engadir orixe

  • Título: recentes do Blog Nomedoblog (este será o título do bloque)

  • URL: Pegamos o enlace previamente copiado no Mapa do Sitio

  • Interv. de actualización: 15 min

  • Se temos creada unha categoría específica para os Blogs podemos asociar a orixe a esta categoría.
  • Prememos en "Enviar" para gardar os cambios.

Neste momento xa temos un bloque desactivado denominado “últimos elementos da orixe "recentes do Blog Nomedoblog”.


Paso 4: Publicación do bloque Artigos recentes do Blog con RSS

Ruta: Dende o bloque de Navegación -> Bloques

  1. Elexir a plantilla ou tema do Blog

  2. Na lista dos bloques atoparemos na zona de bloques desactivados o bloque creado no paso anterior, buscamos o bloque e o configuramos.

  3. En configuración do bloque podemos definir, entre outros: bloque artigos recentes configuración

    • Título: en branco para que colla o da orixe de novas.

    • Número de artigos a amosar no bloque (debaixo dos artigos listados aparecerá un enlace "Mais" para ver todos os artigos)

  4. Selecionamos o lugar onde queremos que se sitúe o bloque e o peso bloque configurado
  5. Listo! resultado final


Cuestións a ter en conta

Para que os bloques de artigos recentes se amosen actualizadas debemos exectuar o CRON diariamente. Porque?

Funcionamento do CRON

O CRON executa procesos a intervalos regulares.

Por exemplo, se imos amontonando papeis nunha bandexa de “papeis pendentes” o cron procésaos todos xuntos automáticamente cada certo tempo.

Por motivos de seguridade nos servidores da Consellería de Educación este proceso debe realizarse de xeito manual, é por iso que temos un bloque na páxina principal denominado “CRON” a través do cal podemos executar o proceso.

En Webs Dinámicas o CRON pon en funcionamento procesos pendentes relacionados coa sindicación RSS, co módulo Notify, etc.