Creación e xestión de Bloques na web do centro


Creación e xestión de Bloques na web do centro

Documentación sobe como crear e xestionar os bloques laterais que se visualizan na web do cenro e nos seus blog.


Licencia Creative Commons
"Creación e xestión de Bloques na web do centro" por websdinamicas en colaboración con CEIP Francisco Vales Villamarín se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.
Basada en una obra en www.edu.xunta.es.

5. Blogroll

Unha particularidade que diferenza aos blogs dos sitios de noticias é que adoitan incluír múltiples enlaces a outras páxinas web como referencias ou para ampliar a información agregada.

É moi habitual amosar no blog un bloque cunha lista de ligazóns a outros blogs seleccionados ou recomendados polos autores, denominada habitualmente blogroll.


Exemplo de Blogroll feito con imaxes e lista de enlaces

Imos crear un bloque no que aparezan:

  • unha imaxe na parte principal que ao premer sobre ela nos leve de volta á paxina princpipal do noso blog
  • Varios enlaces a outros blogs ou sitios web de interese.

Paso 1: a imaxe

  1. Busca a imaxe que queres empregar e a gardaa no teu equipo.
  2. Nota: Lembra que dispoñes do buscador de imaxes baixo licenza CC (Creative Commons) http://flickrcc.bluemountains.net/flickrCC/index.php

  3. Mide o ancho máximo da columna da plantilla do teu blog, emprega para elo o complemento measureit de Mozzilla Firefox (neste mesmo tema na sección de material complementario tes indicacións de como instalalo e do seu funcionamento).
  4. En xeral para a maioría das plantillas o ancho máximo non debe superar os 175 píxeles (aínda que iso varía dunhas plantillas a outras)

  5. Edita a imaxe (podes empregar para elo GIMP, un programa de edición de imaxes de software libre e moi completo) debes reducila para que o ancho da imaxe non supere o ancho da columna.

Paso 2: os enlaces a incluír

  1. Busca na web os blogs ou páxinas web educativas que queres incluír no blogroll.
  2. Copia as URLs


Paso 3: Crear o bloque

  1. Vai a opción "Bloques" do menú de navegación administrar bloques

  2. Na xanela que se abre (administración de bloques) busca o tema ou plantilla que emprega o teu blog (é moi importante xa que a administración dos bloques é diferente para cada plantilla e cada blog debe empregar unha plantilla diferente) No exemplo da seguinte imaxe o blog deusuario emprega a plantilla B7plantillas para bloques

  3. Preme sobre a pestana "Engadir bloque" engadir bloque

  4. Pon unha descrición ao bloque.

  5. No corpo emprega o navegador de imaxes (IMCE) para subir e engadir a imaxe (tal e como aprendiches no tema 2 deste curso) crear bloque
  6. Selecciona a imaxe e preme sobre a icona de "Insertar/editar hipervínculos" para ligala coa URL do teu blog. O xeito de estabrecer hipervínculos xa se explicou tamén no tema 2.

  7. Agora teclea a lista dos blogs ou webs que vas a incluír no teu blogroll (blogs amigos). Podes empregar viñetas para unha mellor visulización do listado.

  8. Selecciona o texto e preme na icona de "Insertar/editar hipervínculos" para enlazalo coa URL correspondnete. enlazar
  9. Cando remates preme sobre "Garda-lo bloque" para gardar os cambios


Paso 4: Configuración do bloque

  1. Na lista de bloques da túa plantilla poderás ver agora o bloque que acabas de crear, abaixo na zona de bloques desactivados. O primeiro que debes facer é "Configurar" o teu bloquebloques desactivados
  2. Indica o modo de visualización (collapsible ou normal) e o título con que queres que se amose configuracion do bloque
  3. Podes indicar tamén se será visble para todos os roles ou só para algúns específicos. Se non marcas ningún rol enténdese que os marcas todos. A opción habitual é deixalo visible para todos os roles e nese caso, non marcar ningún rol específico.

  4. Se a plantilla que empregas é a mesma que a da web do centro, ou a de outro blog do centro, para evitar que o teu bloque se visualice fora do teu blog terás que activar a opción "Amosar só nas páxinas listadas" e escribir a ruta interna do teu blog. Noutro caso NON é necesario.
  5. configurar bloque 2

  6. Preme sobre o botón "Garda-lo bloque" para gardar os cambios


Paso 5: posicionamento do bloque no blog

  1. Activa o bloque (fíxate sempre que debes traballar nas opcións da plantilla ou tema do teu blog) colocándoo nalgunha das columnas lateraisactivar o bloque

  2. Ponlle un peso entre -10 e 10 (os elementos máis pesados se afunden e os máis lixeiros "flotan")
  3. Preme sobre o botón "Garda-los bloques" para gravar os cambios
  4. Poderás ver unha vista do aspecto que terá o bloque (lembra sempre visualiazar na túa plantilla ou tema) e facer os cambios de posición e peso que precises previa
  5. Se todo está correcto, vai ao teu blog (preme na imaxe que leva o enlace ao blog que acabas de facer) e observa o resultado final blogroll resultado final