Creación e xestión de Bloques na web do centro


Creación e xestión de Bloques na web do centro

Documentación sobe como crear e xestionar os bloques laterais que se visualizan na web do cenro e nos seus blog.


Licencia Creative Commons
"Creación e xestión de Bloques na web do centro" por websdinamicas en colaboración con CEIP Francisco Vales Villamarín se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.
Basada en una obra en www.edu.xunta.es.

4. Crear un bloque con código html

Para este exemplo usaremos un módulo de imaxes flickr.

O primeiro que temos que saber e cal é o enderezo do noso blog.

Para elo basta con que entremos nun artigo calquera do blog. Na barra de enderezos do noso navegador observaremos algo semellante a isto:

url do blog

Neste caso tería a url interna: blog/76


Pasos a seguir para crear o bloque:

  1. Entramos no servizo web de flickr onde podemos realizar un módulo en flash (visto no tema anterior) enderezo: http://www.flickr.com/badge.gne
  2. É un servizo que require rexistro (empregamos o usuario e contrasinal que teñamos para ese servizo)
  3. Creamos o módulo seguindo as instruccións do servizo web correspondente.
  4. Copiamos o código para embeber o módulo que nos proporciona flickr
  5. Entramos na web do centro e nos logueamos co noso usuario do blogue
  6. No bloque de navegación eliximos a opción "Bloques"
  7. Na lista superior seleccionamos a plantilla ou tema do noso blog
  8. Na zona de configuración de bloques para esa plantilla eliximos a opción "Engadir bloque"
  9. Escribimos un texto que sirva de descrición para o bloque
  10. No campo "Corpo do bloque" prememos na opción desactivar texto rico
  11. Pegamos o código completo que obtivemos antes (moito coidado de non modificar nada ou o código non funcionará)
  12. Prememos sobre o botón "Garda-lo bloque"
  13. crear bloque
  14. Unha vez creado o bloque aparecerá na lista dos bloques dispoñibles pero desactivado.
  15. O buscamos na lista dos bloques desactivados
  16. Prememos sobre "configurar"
  17. peso
  18. Na nova ventá marcamos os roles para os que queremos que o blog esté visible (sen non marcamos ningún será visible para todos, é o habitual)
  19. O mais importante: eliximos a opción de "amosar só nas páxinas listadas." e en "Páxinas" escribimos a url interna do noso blog (que averiguamos ao princpio de todo) Deste xeito evitaremos que accidentalmente o bloque se vexa noutros blogs ou na páxina xeral do centro, o cal podería ser molesto para o resto dos usuarios.
  20. configuración do bloque
  21. Agora sólo falta situar o bloque na columna e darlle un "peso" entre -10 e 10 (os elemntos mais "pesados" se afunden os menos pesados se sitúan arriba de todo)
  22. Buscamos o bloque na parte de bloques desactivados, eliximos a columna onde vai a aparecer (neste exemplo na columna da dereita ou "sidebar right") e lle damos o peso que estimemos oportuno.
  23. activar bloque
  24. Para rematar prememos sobre o botón "Garda-lo bloque"
  25. Se todo foi ben deberíamos ver algo semellante ao que se amosa na columna da dereita deste mesmo curso