Os alumn@s de San Paio tamén fixeron o seu propio herbario coas follas recollidas na saída ao Monte de Santa Marta.
Este curso dedicamos do 13 ao 17 de maio a semana das Letras Galegas e realizamos varias actividades para conmemorar esta data: unidades didácticas e LIMs do Seminario Galán sobre Antón Fraguas.
O xoves 16 de maio desprazámonos ata o CEIP Carmen García Carrasco de Cenlle para celebrar con eles o Día das Letras Galegas.
Comezamos cunha benvida por parte do alumnado maior do cole que, ademais, presentounos ao autor homenaxeado, Antón Fraguas, a través do Kamishibai. Despois decoraron unha pegatina do autor. Logo merendaron e tivemos un espectáculo de maxia e contacontos con LEO LEÍÑO. Para rematar tivemos tempo libre e xantamos xuntos no comedor do cole de Cenlle.
Desde aquí darlle as grazas a Laura e a todo o profesorado de CEIP de Cenlle e a súa cociñeira.
O mércores 15 de maio fixemos entrega do agasallo do DÍA DA FAMILIA. Este ano como o cartel de bibliotecas leva o lema POÉTICAS DIVERSAS, reciclamos un tarro de cristal e dentro metémoslle "DOSIS DE LECTURAS PARA ALEGRAR A VIDA".
Este curso as familias do alumnado da escola de Francelos animáronse e viñeron a contarnos varios contos.
FELIZ FEROZ. A LOBIÑA RIQUIÑA
MONSTRO ROSA
DE QUÉ COR É UN BICO
XULIA MINGUILLÓN
As alumnas de primaria da escola de Francelos fixeron de madriñas e léronlle aos máis pequenos da escola.
Un ano máis tod@s @s alumn@s do cole trouxeron os seus libros favoritos das casas para facer intercambio c@s seus compañeir@s.