Dentro da campaña de animación á lectura, o xoves 20 de decembro tivemos ao Mago Martin, que nos veu a contar "As aventuras de Marco Polo".
¡Marco Polo foi un auténtico viaxeiro de bigotes! Na súa época non había coches, trens nin avións e viaxar significaba afrontar mil perigos? ¡Pero tamén facer descubrimentos e vivir experiencias marabillosas! Este é o relato da viaxe que levou a Marco Polo de Venecia á China, á corte dos Señores de Oriente.Da man de Geronimo Stilton percorreredes as etapas desta aventura rumbo ao descubrimento de paisaxes encantados, personaxes misteriosos e animais lexendarios.
Esta actividade fixémola na Sala Infantil da Biblioteca Pública de Ribadavia grazas a Tere.
No seguinte vídeo podedes ver todas as postais de Nadal que fixeron @s nos@s alumn@s. Moitas grazas a tod@s pola vosa participación.
Aqui tendes as nosas recomendacións lectoras para pedir neste Nadal.
Esta guía foi elaborada en colaboración co CEIP Carmen García Carrasco de Cenlle.
Na semana do 11 ao 14 de decembro, a profe Raquel contoulles o conto da Vendedora de mistos.