Abril 2018

ABRIL, MES DOS LIBROS

Lecturas compartidas no patio (os padriños lectores leronlle contos aos máis pequenos), troco de libros (os contos preferidos dos nosos rapaces trouxéronos á escola para deixarllos aos seus compañeiros), fixeron marcapáxinas, ... Foi un mes cheo de historias compartidas. Aquí vos deixo algunha das actividades que fixeron os raqaces das nosas escolas.

 

 

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

O 23 de Abril , día do libro, fomos  ao Auditorio de Ribadavia a disfrutar dun espéctaculo de Tarabelos Teatro Sabela e o paxaro máxico.  Unha adaptación dun conto popular galego que mostra as penurias dunha pobre nena que habita nun castelo.  Pero Sabela non  é unha princesa, ainda que lle gustaría selo, para que non se meteran con ela como o fan.

 Un bo espéctaculo de monicreques para, que dende ben novos, os cativos aprendan a rachar con estereotipos.

Despois fomos a meredar ao parque e Kevin, un neno de San Cristovo, atopou un libro de bookcrossing (consiste en coller o libro, lelo e despois deixalo noutro lugar para que o colla e disfrute da lectura outra persoa).  Aquí vos queda algunha das imaxes .

ANTÓN COMODÓN

Antón foi un neno que cando era cativo facíanlle todo na casa, non facía falta que aprendera nada se non quería. Cando medrou, tiña un axudante, Nicolás, que era o encargado de facerlle todo. Un día Nicolás pensou que xa tiña cartos suficietes para poder ir as Illas Verdes.

Antón non sabía vivir sen axuda: nin vestirse, nin abotoarse os zapatos, nin tan sequera comer só a sopa!

Así pois decidiu comezar unha longa viaxe en busca de Nicolás, atravesando campos, cidades e lugares descoñecidos para él, como unha granxa e un porto.

Durante a súa viaxe Antón foi aprendendo moitas cousas. Cando por fin chegou as Illas Verdes e encontrou a Nicolás deuse conta que aprendera unha chea de cousas e que era capaz de valerse por sí mesmo e foi entón cando decidiu quedarse a vivir e botarlle unha man a Nicolás co seu carriño dos xeados como dous bos amigos.

Un conto que fixo reflexionar aos nen@s sobre a importancia de facer eles as cousas. Aquí vos deixo algúns  dos seus traballos.

 

21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA

Este ano adicámoslle o día da poesía a un dos referentes da literatura española do século XX. O ano pasado conmemorouse o centenario do seu nacemento. Nós dende o noso CRA querémoslle facer unha merecida homenaxe por adicarlle gran parte da súa producción aos máis pequenos. 

A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO

A nena e o grilo (OQO, 2010) libro CD de Magín Blanco decorado coas fermosas ilustracións de Leandro Lamas. Os personaxes desta historia vivirán unha viaxe ca que descubrir o mundo a través de aventuras que inciden na solidaridade,o respecto pola natureza, a identidade e o universo afectivo. A partir desta maravilla de obra  as actividades para escolares de Afundación,  permitiunos disfrutar de boa música e teatro en galego para descubrir o mundo a través da curiosidade e a creatividade. Aquí vos deixo as actividades que fixeron @s nen@s das nosas escolas.