Febreiro 2017

24 FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Este ano, para celebrar o Día de Rosalía, decidimos traballar o poema "Adiós ríos, adiós fontes". Pincha nas imaxes para acceder aos recursos (en letra minúscula e maiúscula).

 

Dado que este ano está adicado as artes e que na provincia de Ourense hai unha exposición de Pop Art no Marcos Valcárcel, fixemos unhas pegatinas e uns carteis coa técnica do Pop Art, ademais de traballar a imaxe de Rosalía con esa técnica.

Pincha na imaxe para ver os carteis e o recitado do poema, feito polos nosos alumn@s.

A HIBERNACIÓN

Os nenos e nenas da Escola de San Paio están traballando a HIBERNACIÓN e a MIGRACIÓN, preme nas imaxes para ver todo o que aprenderon

 

RESUMO DE ACTIVIDADES DÍA DA PAZ

Nas seguintes fotografías podedes ver todo o que fixemos para celebrar o Día da Paz  (pombas con mensaxes, mandalas, xogo da oca, videoconferencia entre as tres escolas,...)

Na escola de San Paio traballaron o conto Un chocolate muy especial. Preme na imaxe para ver todo o que fixeron

Este ano na escola de San Cristovo, o día da Paz adicáronllo a WANGARI  MAATHAI, unha historia verdadeira, Premio Nobel da  Paz no ano 2004.