Estas son algunhas das actividades que imos realizar o Día da PAZ:
Este ano a guía de recomendacións de Nadal fixémola en colaboración co CEIP de Castrelo de Miño.
Foi todo un pracer traballar con eles.
O proxecto documental deste ano xirou arredor da RECICLAXE.
Estes son algúns dos libros que mercamos para traballar o proxecto
Empezamos o noso proxecto cunha xornada educativa e didáctica promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Sogama. A campaña de Concienciación e Educación Ambiental sobre Residuos Domésticos "Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor".
Os nosos alumnos aprenderon á regla dos 3R: reducir, reutilizar e reciclar.
Despois, o día que celebramos o Magosto, fixemos un taller creativo de reciclaxe.
Durante todo o curso fixéronse varias manualidades con materiais de refugallo