Esquema de temas
Xeral
CREACIÓN DE GRUPO EN TEMPOS DE CORONAVIRUS
Debido á nova situación de confinamento, pensamos que unha boa estratexia para seguir mellorando a convivencia entre o alumnado e o profesorado é facer proxectos en común nos que participe a maior parte da comunidade educativa. E neste caso, gracias ao uso das TAC.
A actividade consistiu nunha práctica de ciencias moi sinxela coa que o alumnado da ESO aprendeu conceptos importantes sobre a auga, coma a súa “tensión superficial”. Esta tensión é a que nos permite entender as humidades dos baixos das nosas casas, porqué as plantas son capaces de absorber auga polas raíces, porqué non debemos tirarnos en prancha á piscina, porqué se forman gotas, etc. Todos os alumnos realizaron a práctica e gravárona en vídeo. Ademais, fixeron un paralelismo entre o que ocorre fisicamente na práctica interpretando que se trata do virus COVID-19. Deste xeito concluíron cunha serie de consellos a poñer en práctica para evitar o contaxio.
Como resultado final, editamos todos os vídeos para facer un colage sobre a práctica. Engadimos, por sorpresa para os da ESO, unha mensaxe de alento dos pequenos de primaria de que “todo vai a saír ben”. E tamén unhas pequenas mensaxes dos profes con algúns consellos, recomendacións, mensaxes de ánimo, etc.
Polo tanto, ademais da adquisición dos contidos científicos e competencias no uso das TAC, mediante esta actividade colaborativa o alumnado de todo o centro estreita lazos, comparte traballo e está en contacto, aínda que virtual. O que, sen dúbida, contribúe a mellorar a convivencia e a integración de todos eles. O profesorado tamén se fai cercano a eles e as familias implícanse na actividade ao colaborar nos vídeos, debuxos, envío de fotos, etc. Isto fomenta a convivencia de toda a comunidade educativa.Nesta mesma liña tamén se realizaron vídeos implicando ben a toda comunidade educativa, incluídas as familias que están teñen un importante papel na xestión e coordinación deste período, ou ben a unha parte dela, como se pode ver na conmemoración do Día do Libro ou na celebración dos aniversarios de infantil.
TRABALLANDO A "CONVIVENCIA" NA CLASE DE RELIXIÓN.
Estas actividades estan creadas para traballarse na clase, pero teñen relación con outras materias permitindo que poida darse esta interacción con elas.
1. NOS PREÁMBULOS DUNHA PELI...
Actividade para 4 ESO.
Adentrámonos nun documental e trailer dunha peli, na que o autor, buscando financiación,fai referencia a múltiples realidades moi duras,nas que pode verse o feito,o problema e a solución. Neste intre, poidemos na clase, descubrir os esforzos que teñen que facer os persoaxes, para ese "convivir". A maiores,buscamos unha relación coa materia de Valores, pois os alumnos atopan outros aspectos dignos de ser resaltados.
"El mejor regalo".
2. UNHA MIRADA A "CONVIVENCIA" NO CAMIÑO DE SANTIAGO.
Actividade para 1 ESO.
Nesta actividade a estratexia de aprendizaxe enfócase nun primeiro momento, as múltiples rutas e a orixe do camiño, coma experiencia de séculos (relación coa materia de Historia), para pasar logo ao propósito central, que é unha mirada e análise de 3 momentos primordiáis do "convivir no Camiño": o feito de CAMIÑAR, o feito de vivir as experiencias de COMER,DURMIR e COMPARTIR nos albergues, e por último, o feito de CHEGAR A SANTIAGO, e CULMINAR A ODISEA. Cada parte amosa a súa enorme peculiaridade. Tamén aqui poidemos facer relación coa materia de Valores, e ver que outros aspectos, aparte do relixioso, estaren presentes nese "convivir" intenso.
Asomámonos a estes 3 momentos antes mencionados na experiencia de camiñar no Camiño.
3. A TRANSVERSALIDADE DA PALABRA "CONVIVENCIA"...
Actividade para 2 ESO.
A palabra "Convivencia" implica moitas cousas e accións diversas na vida das persoas. Miramos nos evanxeos do Novo Testamento, e atopamos aspectos importantes que os seres humanos vivimos intentando levar a cabo ese CONVIVIR. Logo pasamos a ter contacto coa materia de Galego, concretamente na poesía de algún autor favorito do alumno, onde este poda atopar tamén ese sentimento xa analizado antes, agora reflexado na estrofa dun poema. Con isto demóstrase a transversalidade das emocións e sentimentos humanos, que se atopan en todos os campos.
Atopamos aspectos similares en textos de ámbitos distintos, referidos á Convivencia.
4. PREPARÁNDONOS PARA O ANO SANTO XACOBEO 2021...
Actividade para 3 ESO.
Ista festividade, moi relacionada con Santiago, e co Camiño, é unha gran celebración en Galicia, dende hai séculos. Posto que estamos as portas desta importante festividade social, cultural, relixiosa, económica e ata política no 2021, xa que hermana cidades, concellos e pobos, resulta moi interesante abrir esta porta para ver a súa celebración e constatar nos seus distintos aspectos, as múltiples "formas de convivencia" que implica, propón, facilita... Nesta actividade, de novo, temos a posibilidade de ver a relación coa materia de Historia, e coa materia de Valores.
Propoñemos examinar este importante evento en Galicia, para encontrar nel moitos aspectos que nos falan de "convivencia".
II Congreso Científico da Montaña
Realizamos o II Congreso Científico entre os coles da Montaña, esta vez virtual por mor da pandemia, e só coa participación de Courel xa que o resto dos colexios non puideron continuar cos proxectos. Este día, o alumnado da ESO e Primaria expoñerán mediante unha videochamada os seus proxectos de investigación comezados dende inicio de curso e rematados durante a pandemia, coas limitacións que esto conleva.
Ademais dunha actividade formativa, plantéxase coma un momento de encontro e fomento das relacións, tamén con outros centros da contorna
Tema 4
Tema 5
Tema 6
Tema 7
Tema 8
Tema 9