Esquema de temas
Xeral
30 Aniversario da caída do Muro de Berlín…melloramos como sociedade?
Para reflexionar sobre as barreiras que como sociedade poñemos a moitas persoas e tamén as barreiras que poñemos entre nós, cos compañeiros e compañeiras no colexio que afectan á nosa convivencia diaria, traballamos durante o mes de xaneiro en torno ao 30 aniversario da caída do Muro de Berlín aprobeitando a conmemoración, o 30 de xaneiro, do Día Internacional da Paz.
Para poñernos un pouco en situación, fixemos un muro que impediu o noso aceso habitual ao edificio de Infantil e Primaria que nos facía bordear as instalacións do centro durante unha semana e ser conscientes da barreira que nos impón.
Varios profesores e gran parte do alumnado ensaiamos unha versión da canción de Scorpions “Wind of change” homenaxeando ao vento de esperanza que parecía traer aquel momento. Tamén traballamos sobre outra canción que fala dos muros e do soño dun mundo mellor como é “Panamericana” de Depedro. Tocamos todo o centro xunto estas cancións o día da Paz.
Denda a materia de sociais traballaron acerca da historia deste muro e sobre os muros que son a expresión do noso medo ao que é distinto a nós. A forma visible de rexeitar o que é diferente á nosa forma de entender a existencia. De que hai moitos muros visibles, pero que todos son expresión dos muros invisibles, moito máis numerosos, que todos/as levamos dentro. Muros raciais, de riqueza, de nacionalidade, de xénero, de ideoloxías e identidades,… Por veces, as nosas palabras son muros que provocan o rexeite polo outros e son máis fortes que a Gran Muralla, con centos de palabras coas que excluímos aos individuos porque ameazan a nosa forma de pensar ou de ver o mundo.
Dende Relixión e Valores investigaron sobre os novos muros que emerxeron e continúan a aparecer: Suecia, Brasil, Israel, México e o gran Mediterráneo que separa o sur da promesa europea dunha vida mellor. Realizaron diferentes muráis cos que encheron de contido o muro físico que estivo atrancando a entrada do colexio.
O alumnado de primaria investigou sobre persoas que loitan para tirar a baixo todas estas barreiras e conseguir un mundo mellor, poñendo en relevancia ás mulleres que, de forma continua e silenciada, o fixeron ao longo da historia e, das que só unhas poucas obtiveron un recoñecemento como é o Premio Nóbel da Paz.Finalmente, celebramos o día da Paz poñendo en común todo este traballo nun acto común de todo o cole como se mostra no vídeo.
EDUCACIÓN EMOCIONAL PARA A MELLORA DAS RELACIÓNS NO TEMPO DE LECER
TEMPO DE LECER EN EPOCA DE CONFINAMENTO
Algunhas actividades lúdicas no ámbito das matemáticas para manternos conectados e aprobeitar a oportunidade de ver as matemáticas dende outra perspectiva
como calcular de xeito rápido os cadrados perfectos de números rematados en 5
Un xeito divertido de aprender a táboa do 9
RECREOS A TRAVÉS DE WEBEX
A interacción entre alumnado é necesaria e moi beneficiosa, especialmente en etapas de gran carga emocional, como a xerada polo confinamento. Para potenciala e, á súa vez favorecer o coñecemento entre os integrantes da comunidade educativa, programamos varias sesións de recreo a través de webex con dinámicas de xogo tipo "Quen é quen" no que hai que adiviñar de que participante se trata a través de pistas que o/a describen, de forma que ao tempo que xogamos estamos avanzando no coñecemento entre nós. Tamén tiveron cabida pezas musicais interpretadas polo profesorado, cancións creadas polo alumnado, etc.
Tema 5
Tema 6
Tema 7
Tema 8
Tema 9
Tema 10